Tres novos locais formarán parte do próximo concurso

O Casco Vello de Vigo segue imparable a súa rehabilitación e revitalización. Como recordaredes, a finais de novembro vos detallamos as características das novas vivendas que formarán parte do próximo sorteo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e do que teremos máis novas proximamente.

Pero ademais desas 10 Vivendas de Protección Autonómica (VPA), tamén se abrirá o concurso para a adxudicación en alugueiro de tres novos locais comerciais para todos eses emprendedores que estean pensando en abrir o seu negocio no Casco Vello de Vigo. Sitúanse nas seguintes localizacións: San Sebastián 4, San Sebastián 6 e Cruz Verde, 5.

San Sebastián, 4

Este local ten unha superficie útil de 34,03 m2, con outros 17,64 m2 de patio, que se sitúa ao fondo. Este é o seu plano, no que marcamos a entrada para que o poidades situar mellor.Casco Vello Vigo

E estas son algunha imaxes do local, tanto do exterior coma do interior.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

San Sebastián, 6

Este local ten unha superficie útil de 33,71 m2 e conta tamén cun patio que mide 16,90 m2. No plano poderedes ver a distribución.

Casco Vello Vigo

Nas seguintes imaxes veredes o local no seu estado actual:

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Cruz Verde, 5

E xa por último, o terceiro local que sairá a concurso é o sito no número 5 (baixo esquerda) da rúa Cruz Verde.

É o máis grande dos tres, cunha superficie útil de 46,10 m2 e outros 27,60 m2 de patio, e así loce na súa cara exterior:

Casco Vello Vigo

Se estades pensando en abrir un novo negocio ou trasladar o actual ao barrio histórico, estaremos encantados de recibirvos en calquera destes tres locais.

Nos próximos días publicaranse as bases para concurso e vos diremos a documentación que deberedes presentar para participar.

Durante os dous primeiros anos de arrendamento o adxudicatario contará cun desconto do 50% do seu prezo. O contrato de aluguer terá unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade a desempeñar.

Anímaste a iniciar ou trasladar o teu negocio ao Casco Vello? Son moitos os que xa o fixeron!

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter