TAMÉN PODES TRABALLAR NO BARRIO HISTÓRICO

Ademais de vivir no Casco Vello, tamén podes montar o teu propio negocio. Desde o Consorcio Casco Vello de Vigo buscamos novos emprendedores que queiran trasladar ou iniciar a súa actividade empresarial no barrio histórico. Deste modo, tamén pasarán a formar parte da revitalización e recuperación da zona vella.

Contamos con locais comerciais en aluguer con importantes vantaxes e bonificacións durante os dous primeiros anos de arrendamento. De feito, xa son 7 os  locais que a día de hoxe teñen actividade empresarial e outros 2 abrirán as súas portas proximamente:

BAIXOS CON ACTIVIDADE:

Abeleira Menéndez, 11

Tenda de produtos de proximidade A Tenda do Avó

Abeleira Menéndez, 13

Galería de arte e fotografía JT Photo Gallery

Santiago, 11, baixo esquerda

Estudio de arquitectura Torrado&Fernández

Santiago, 11, baixo dereita

Espazo cultural da Editorial Elvira

Santiago, 19

Establecemento de fotografía Oruga Express

Abeleira Menéndez, 15

Tenda de alimentos ecolóxicos A Horta de Abeleira

Abeleira Menéndez, 24

Tenda de produtos de cercanía e espazo cultural Matina

BAIXOS QUE ABRIRÁN PROXIMAMENTE:

Cruz Verde, 5, baixo dereita

Tenda de produtos turísticos

Cruz Verde, 5, baixo esquerda

Empresa especializada en servizos de seguridade e sistemas telemáticos

Na actualidade, o CCVV segue adiante co proceso do segundo concurso público para adxudicar 8 locais máis mediante contrato de aluguer. Para 4 deles na rúa Ferrería, concretamente nos números 11, 25, 27 e 29, xa temos ofertas enriba da mesa. Pero aínda temos dispoñibles outros 6 locais para os emprendedores que presenten as súas propostas empresariais:

Abeleira Menéndez 18-20 (55,18 m2)Casco Vello Vigo

Ferraría, 31 (33,21 m2)Casco Vello Vigo

Ferraría, 33 (52,95 m2)Casco Vello Vigo

San Sebastián, 8 (28,06 m2)Casco Vello Vigo

Abeleira Menéndez, 24 (32,07 m2)Casco Vello Vigo

Real, 25 (72,17 m2)Casco Vello Vigo

Se necesitades máis información, este é o prego de condicións e esta a publicación no BOP (páxinas 30 e 31).

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter