O Casco Vello, cheo de vida neste 2014

O 2014 chega xa ao seu fin e desde o Consorcio Casco Vello de Vigo queremos facer un repaso de todo o que deu de si. Intervencións, apertura de locais, novos veciños,… moitos acontecementos que marcaron un gran ano que remata coa mellor nova de todas: un novo sorteo do IGVS de Vivendas de Protección Autonómica que sairá á luz nos próximos meses.

Comezamos xaneiro promocionando na 34º Feira Internacinal do Turismo, FITUR, as actuacións levadas a cabo polo Consorcio. No stand de Turgalicia e baixo o nome “Vigo: Patrimonio Histórico e Natural”, a delegada da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch trasladou aos asistentes presentes o labor desenvolvido polo CCVV dende os seus inicios e que xa conseguiu cambiar a imaxe que o barrio tiña algúns anos atrás. En palabras de Bravo Bosch, “estamos a recuperar inmobles en ruínas do Casco Vello para logo vender aos mozos e mozas a través de réxime de Vivendas de Protección Autónomica (VPA), onde o prezo fixado por metro cadrado é duns 1.300 euros”.

Casco Vello Vigo

Dúas novas familias se mudaron ao barrio en febreiro. María José Bravo Bosch facía entrega o día 21 dese mes das chaves de dúas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo, unha delas pertencente ao sorteo de 12 pisos celebrado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o 17 de setembro do 2013 e unha máis correspondente a unha fase anterior, logo de superarse os prazos establecidos e mediante adxudicación directa. As vivendas formaban parte da promoción Ferrería 33-35 e do cuarteirón Ferrería San Sebastián.

Un día máis tarde, o sábado 22, inaugurábase nos números 25, 27 e 29 de Ferrería o espazo de coworking Espacio Nido. Alberto Cebral, Iria Rivas, Ramón Viéitez e Noemí Díaz decidiron apostar polo Casco Vello como lugar para desenvolver as súas actividades e non dubidaron en facerse cos locais rehabilitados polo Consorcio. O novo baixo comercial ofrece as súas instalacións a emprendedores e a cidadanía, en xeral, que necesiten un espazo perfecto para eventos culturais, reunións e distintas iniciativas que encaixen na súa filosofía.

Casco Vello Vigo

Días despois da súa apertura, concretamente o 27, Espacio Nido recibiu a visita da presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch, e a directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Teresa María Gutiérrez. Nesta visita aproveitaron tamén para comunicar a adxudicación doutros catro locais comerciais en réxime de aluguer na parte alta do barrio histórico cos que se seguirá dinamizando a actividade empresarial nas rúas Ferrería, San Sebastián e Abeleira Menéndez. Tratábase, concretamente, dos locais que se convertirían na oficina de Cal Construcciones y Servicios (Ferrería, 31), La Rocka (Ferrería, 33), de Ideas de Percebe (San Sebastián, 8) e a oficina técnica dun aparellador (Abeleira Menéndez, 24).

Casco Vello Vigo

No mes de marzo tamén demos a benvida a seis novas familias que decidiron mudarse ao barrio. En concreto, foron as chaves de dúas VPA entregadas o 1 de marzo e catro o 23. Todas formaban parte do sorteo realizado polo IGVS en febreiro de 2013.

Cinco desas vivendas localízanse na rúa Ferrería e perteneceron ás promocións Ferrería 25-27-29-31 (2 pisos) e Ferrería 33-35 (3 pisos). A restante formaba parte da promoción Canellón do Estreito, 12.

Casco Vello Vigo

Xa en abril, a delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, María José Bravo Bosch xunto co xerente do organismo, Alfonso Ramos, interviu no Foro de Urbanismo e Infraestruturas (FUI) do Círculo de Empresarios de Galicia-CFV. Desde o Consorcio animouse á colaboración entre o seu sector e o organismo para seguir dinamizando o Casco Vello. Os empresarios presentes –foron máis de 30 persoas– mostráronse moi receptivos a posibles liñas de colaboración.

Casco Vello Vigo

Toca agora falar dunha nova apertura. Concretamente, a da axencia de publicidade Ideas de Percebe, quenes se instalaron nun local rehabilitado polo Consorcio e cuxa adxudicación se comunicou en febreiro, tal e como vos contamos máis arriba. O número 8 da rúa San Sebastián encheuse de creatividade grazas a Alberto Badía, Carlos Martí e Lisi González que xa conseguiron crecer rapidamente nos poucos meses que levan formando parte do barrio histórico da cidade.

Un mes despois da súa apertura, a presidenta e o xerente do CCVV visitaron esta axencia e aproveitaron para agradecer a aposta que fixeron para seguir dinamizando o Casco Vello.

Casco Vello Vigo

En xullo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as obras da nova sede para o Servizo Común de Notificacións e Embargos de Vigo xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch.

Casco Vello Vigo

Dous meses máis tarde, concretamente o 22 de setembro, asinábase o convenio de colaboración polo que o CCVV cedeu á Universidade de Vigo tres inmobles da praza do Berbés. Quedaba en marcha así a recuperación dunha zona tan emblemática para o barrio coma esta.

O convenio realizouse entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Universidade de Vigo. Ethel Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, salientou durante o acto de firma que a chegada da Universidade ao Casco Vello de Vigo representa un punto de inflexión na recuperación definitiva da antiga ribeira. Engadiu que “a fachada do Berbés é a porta de entrada á cidade antiga, polo que coa chegada desta institución educativa ao centro de Vigo, a recuperación da fachada marítima xa non ten marcha atrás”.

Casco Vello Vigo

O mes de outubro remataba cunha estupenda nova: a apertura de La Rocka, tenda de roupa punk, no número 33 de Ferrería. Foi o venres 31 cando Cristina Soutullo e Natalia Correa inauguraron este espazo nun local rehabilitado polo Consorcio. Levan pouco tempo connosco pero xa conseguiron facerse un gran oco no barrio.

Casco Vello Vigo

O mes seguinte, en novembro, comezou o traslado dos Rexistros da Propiedade de Vigo á nova sede sita no Casco Vello, concretamente nos números 29, 31 e 33 da rúa Real. Esta nova ubicación foi froito do convenio de colaboración que o Consorcio realizou co Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España, mediante o que ambas entidades se comprometeron á compravenda deses catro inmobles e o do número 26 da rúa Alta.

Tamén en novembro, a presidenta do CCVV, acompañada por varios membros da Administración, visitaba as obras que se están a acometer na parte alta do Casco Vello, concretamente, en San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7, nas que se están a investir máis de 1 millón de euros. Xunto aos arquitectos e responsables das empresas construtoras encargadas das distintas rehabilitacións, Bravo Bosch informou que será a mediados do próximo ano cando se rematen estas obras, das que sairán 8 vivendas e 3 locais comerciais.

Casco Vello Vigo

Pero ademais das obras, tamén aproveitaron para visitar as novas vivendas xa rematadas e que formarán parte do V Sorteo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que se porá en marcha próximamente. Concretamente, son dez vivendas que pertencen á promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7:

1 vivenda baixo A: 1dormitorio, 46,24 m2 útiles.
1 vivenda baixo B: 1 dormitorio, 46,24 m2 útiles.
1 vivenda 1ºA: 2 dormitorios, 59,16 m2 útiles.
1 vivenda 1ºB: 1 dormitorio, 56,13 m2 útiles.
1 vivenda 1ºC: 2 dormitorios, 67,66 m2 útiles.
1 vivenda 1ºD: 2 dormitorios, 67,66 m2 útiles.
1 vivenda 2ºA: 2 dormitorios, 59,16 m2 útiles.
1 vivenda 2ºB: 1 dormitorio, 56,13 m2 útiles.
1 vivenda 2ºC: 2 dormitorios, 68,20 m2 útiles.
1 vivenda 2ºD: 2 dormitorios, 67,70 m2 útiles.

Casco Vello Vigo

Os interesados en participar no sorteo, deberedes estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

Ademais, desta nova promoción tamén sairán tres novos locais comerciais.

O ano remataba con outra boa nova no que a rehabilitacións se refire: a licitación de rehabilitacións de 4 edificios na rúa Ferrería, das que sairán 6 novas vivendas e 2 locais comerciais. Trátase, concretamente, dos números 10-12 e 45-47.

A previsión é poder adxudicar ambas obras de rehabilitación ao longo do primeiro trimestre do ano que ven. O orzamento de licitación para a recuperación destes 4 inmobles é dun total de 1.010.003,27 euros (IVE incluído). En concreto, na promoción Ferrería 10-12 o orzamento fixado é de 346.922,70 euros (IVE incluído), mentres que en Ferrería 45-47 ascende a 663.080,57 euros (IVE incluído).

Serán vivendas e locais que seguirán dinamizando a vida da que xa goza actualmente o barrio histórico de Vigo. E é que, grazas a actuación do Consorcio durante estes últimos anos, xa son 91 as vivendas que se rehabilitaron e 23 locais comerciais que trouxeron ao barrio familias e emprendedores que decidiron apostar por él.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter