O Casco Vello acollerá durante dous meses un ciclo de cinema chinés e italiano

Edificio Cambón, no Casco Vello.

Vigo, 11 de marzo de 2019.- A cinematografía chinesa e italiana protagonizarán a X edición do ciclo “Cinema e Lingua” que poderá verse a partir de mañá, día 12 de marzo, no auditorio da sede de Centro de Interpretación das Illas Atlánticas, no edificio Cambón do Casco Vello de Vigo. Esta iniciativa está organizada pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo coa colaboración do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia e o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas. 

 En total, durante os meses de marzo e abril, poderanse ver un total de oito longametraxes, catro do país oriental e outros catro italianos. Todas as proxeccións, que terán carácter gratuíto, realizaranse en versión orixinal con subtítulos en español, terán lugar ás oito da tarde e irán seguidas dun coloquio moderados polos profesores de Chinés da aula Confucio da Universidade de Vigo Lili Wo e de italiano do Centro de Linguas Francesca Carluci.

O calendario de proxeccións é o seguinte: Desexando amar abrirá o ciclo mañá, 12 de marzo, que continuará o día 26 co IP Man e seguirá o 12 de abril co Adeus a miña concubina e o 9 de abril co O cantil vermello, que porá fin ás proxeccións de cinema chinés. A partir do 30 de abril o protagonismo será para o cine italiano, que se estreará coa proxección de O carteiro (e Pablo Neruda). Benvidos ao sur o día 7 de maio; A gran beleza o 14 de maior e Manual de amor o 21 de maio, completarán a achega italiana a esta décima edición.

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter