O Banco dos Contos

Nunha das portas da antiga muralla de Vigo, concretamente na porta do Pracer, atópase outro lugar moi importante na historia da cidade: o Banco dos Contos.Casco Vello Vigo

Este Banco estaba situado cerca do Campo de Granada, unha gran explanada cuxo nome facía honra a un rexemento militar que acampara nesta parte da cidade. O Campo de Granada era utilizado habitualmente como zona de recreo e en días concretos tamén se celebraba una feira á que acudían comerciantes de Vigo e dos arredores a vender os seus produtos á Vila.

O Banco dos Contos quedaba á saída da cidade, fora dos terreos resgardados pola muralla, polo que era o lugar ideal para, cando se terminaban os negocios levados a cabo na feira, sentarse para realizar certo tipo de contabilidade. É dicir, os comerciantes aproveitaban a privilexiada situación do Banco para facer as contas do gañado durante a xornada, ver os produtos que non se venderan ou axustar o pagamento de aranceis e tributos pola entrada na cidade con obxectivo comercial.

Seguro que máis dun pasou moitas veces por el sen darse de conta. E é que ata fai pouco tempo o Banco estivo oculto ata que se descubriu en traballos realizados na zona. Trátase dunha bancada larga de pedra, lixeiramente curvada, que se apoia nun terraplén cuberto de herba que vai desde o Castelo de San Sebastián ao cruce das rúas San Sebastián e Abeleira Menéndez.Casco Vello Vigo

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter