GUSTARÍACHE VIVIR NO CASCO VELLO?

A semana pasada falámosvos sobre o plan de actuación e rehabilitación do Casco Vello de Vigo. Agora queremos seguir con este tema, pero centrándonos en todos aqueles que vos estedes plantexando a posibilidade de mudarvos ao barrio histórico da cidade.

Pero antes, imos poñernos en situación:

Desde que o Consorcio Casco Vello de Vigo se creou no 2005, adquiriu un total de 62 inmobles no barrio histórico, dos cales 32 xa están totalmente rehabilitados. Desde aquela, foron 46 familias as que apostaron polo Casco Vello e se mudaron ás rúas Real, Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, San Sebastián, Hortas ou Ferraría.

Se ti tamén te queres unir á experiencia dos nosos novos veciños, hai que estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, poñéndose no mercado a través dun sorteo público que realiza o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

E para os indecisos, deixámosvos algunas fotografías dos inmobles que están agora mesmo á venda a través de adxudicación directa, logo de superarse os prazos legais establecidos

Santiago, 19 (1 vivenda)

1 piso de 1 dormitorioCasco Vello Vigo Casco Vello Vigo Casco Vello Vigo

Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (5 vivendas)

2 pisos de 2 dormitorios,

3 pisos de 1 dormitorioCasco Velo Vigo Casco Vello VigoCasco Vello Vigo Casco Vello Vigo

Na actualidade, segue adiante o proceso de adxudicación doutras 12 vivendas de protección e que foron sorteadas o pasado 17 de setembro polo IGVS. Cando esto remate, serán xa un total de 58 as novas familias residindo no barrio histórico. Aquí están os 12 pisos sorteados:

Ferraría 25, 27, 29, 31 (6 vivendas)

5 pisos de 2 dormitorios e 1 de 3 dormitorios.

2 de eles son dúplex.Casco Vello Vigo Casco Vello VigoCasco Vello Vigo Casco Vello Vigo

Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas)

1 piso de 1 dormitorio e 1 de 2 dormitorios.Casco Vello Vigo Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Ferraría, 33-35 (4 vivendas)

2 pisos de 1 dormitorio e 2 de 2 dormitorios (dúplex).Casco Vello Vigo Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

A próxima semana contarémosvos máis sobre os locais comerciais dispoñíbeis.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter