Estas son as vivendas dispoñibles mediante adxudicación directa

Como xa vos contamos, son dúas as formas a través das que se poden acceder ás vivendas rehabilitadas polo Consorcio: os sorteos públicos do IGVS e a adxudicación directa. Hoxe imos falarvos desta segunda forma.

Despois de que se realicen os sorteos pertinentes de vivendas rehabilitadas, se quedan algunhas vacantes, estas poderán adxudicarse directamente sen ter que pasar de novo por un sorteo público. As persoas interesadas en acceder a estas vivendas deberán estar inscritas igualmente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

Unha vez realizado este trámite, poderase acceder ás vivendas que nese momento estean dispoñibles.

Actualmente son sete os inmobles dispoñibles mediante adxudicación directa:

Unha vivenda en SANTIAGO, 19

1º: 1 dormitorio e superficie útil de 66,1 m2.

Prezo: 92.190,99€ (sen IVE).

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Unha vivenda en CANELLÓN DO ESTREITO, 12

1ºA: 1 dormitorio e superficie útil de 61,60 m2.

Prezo: 85.914,75€ (sen IVE).

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Unha vivenda en SAN SEBASTIÁN, 6

Primeira planta: 1 dormitorio e superficie útil de 56,13 m2.

Prezo: 81.388,50€ (sen IVE).

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Unha vivenda en SAN SEBASTIÁN, 24-26

Planta Baixa. Vivenda A: 1 dormitorio e superficie útil de 53,84 m2.

Prezo: 89.842,00€ (sen IVE).

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Tres vivendas en FERRERÍA, 3-5-7

1ºA: 1 dormitorio e superficie útil de 50,91 m2.

Prezo: 81.026,00€ (sen IVE).

1ºB: 1 dormitorio e superficie útil de 58,07 m2.

Prezo: 83.143,00€ (sen IVE).

2ºA: 1 dormitorio e superficie útil de 56,46 m2.

Prezo: 80.388€ (sen IVE).

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Se estás interesado en algunha destas vivendas, non dubides en pedir máis información nas oficinas do Consorcio Casco Vello de Vigo (Praza da Princesa 7, 1º) ou no teléfono 986 442 638.

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter