Canellón de Estreito agarda por unha nova familia
Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, Cuarteirón Castelo San Sebastián, Cuarteirón Ferrería-San Sebastián e Ferrería. Estas son as rúas nas que o Consorcio acometeu a súa labor rehabilitadora e das que vos falamos ao longo destas últimas semanas na sección ‘O cambio rúa a rúa’.
Para cerrarla (polo momento, xa que o CCVV segue traballando en diferentes rehabilitacións) falarémosvos da última rúa que nos queda por mencionar: Canellón do Estreito.
2013 foi o ano no que as rehabilitacións realizadas en Canellón do Estreito sairon á luz. Xunto con Ferrería, formou parte do cuarto e último, polo de agora, sorteo realizado polo IGVS.
O Casco Vello seguía o seu proceso de recuperación da imaxe que lle pertencía xa que, como podedes apreciar nas seguintes fotografías, a zona pedía claramente un gran cambio.
Cambio que se conseguiu tal e como clamaba o barrio:
Das dúas viviendas que saíron desta promoción, queda unha dispoñible para quen queira establecer a súa morada no Casco Vello, sempre que cumpra cos requisitos para optar a unha vivenda de protección autonómica. Trátase dun dúplex de 61,60 m2 e pódese conseguir mediante adxudicación directa.
Con este post poñemos punto, pero non punto final, ao repaso das actuacións levadas a cabo polo Consorcio Casco Vello de Vigo rúa a rúa, nos que tamén vos contamos as vivendas que están dispoñibles para todos aqueles que queirades trasladarvos ao novo Casco Vello de Vigo.