Bravo Bosch traslada a Fecovi o proxecto de locais comerciais do Consorcio Casco Vello para que novos emprendedores aposten por implantar o seu establecemento no barrio antigo

  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ten dispoñibles nestes momentos un total de 12 locais comerciais nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián con superficies que oscilan entre 98,80 metros cadrados e 28,06 m2.
  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e a máxima responsable da Federación de Comerciantes de Vigo (Fecovi), Encarna Álvarez, mantiveron esta mañá un encontro no que coincidiron en destacar as vantaxes e beneficios dos baixos comerciais.
  • Os emprendedores beneficiaranse, durante os dos primeiros anos de arrendamento, dunha bonificación do 50% do seu importe. Ademais, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial.
  • Os prezos de aluguer durante os dous primeiros anos, e segundo os valores de taxación e a superficie dos locais, oscilan entre os 500 e os 150 euros ao mes.
  • Os interesados deben presentar proxectos empresariais acordes coa filosofía de rehabilitación do CCVV e sempre co fin de preservar a convivencia cidadá. 

Vigo, 24 de xaneiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro coa presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo (Fecovi), Encarna Álvarez, para trasladarlle e explicarlle o proxecto de locais comerciais que lidera o CCVV –participado  nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- e animar así aos novos emprendedores de toda a cidade a emprazar o seu establecemento comercial nalgún dos 12 locais comerciais que están dispoñibles no barrio histórico cunhas inmellorables condicións en réxime de aluguer.

Dende o colectivo de comerciantes, a súa presidenta apoiou a iniciativa e axudará a difundir e trasladar a oferta de locais comerciais do Consorcio aos seus asociados co obxectivo de dinamizar aínda máis a zona antiga.

Na actualidade, o organismo ten dispoñibles un total de 12 locais comerciais nos baixos dos inmobles rehabilitados polo CCVV nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián. As súas superficies oscilan entre 98,80 metros cadrados e 28,06 m2 e os prezos de aluguer, segundo os valores de taxación e en función da superficie de cada un deles, van entre os 500 e os 150 euros ao mes.

Os emprendedores interesados deben presentar proxectos empresariais acordes coa filosofía de rehabilitación do CCVV e sempre co fin de preservar a convivencia cidadá. Ademais beneficiaranse, durante os dos primeiros anos de arrendamento, dunha bonificación do 50% do seu importe. A maiores, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial.

Características dos baixos comerciais dispoñibles

-Real, 25: superficie 72, 17 m2 e prezo 295,89 euros

-Abeleira Menéndez 18-20: superficie 55,18 m2 e prezo 226,23 euros

-Cruz Verde, 5, baixo esda: superficie 46,10 m2 e prezo 226,23 euros

-Cruz Verde, 5, baixo dta; superficie 54,70 m2 + 13, 20 m2 e prezo 224,27 euros

-Ferrería, 11: superficie 98,80 m2 e prezo 514,91 euros

-Ferrería, 25: superficie 59,25 m2 e prezo 265,57 euros

-Ferrería,27: superficie 60,08 m2 e prezo 283,71 euros

-Ferrería,29: superficie 67,67 m2 e prezo 302,24 euros

-Ferrería,31: superficie 33,21 m2 e prezo 159,60 euros

-Ferrería,33: superficie 52,95 m2  e prezo 257,67 euros

-San Sebastián, 8: superficie 28,06 m2 e prezo 163,16 euros

-Abeleira Menéndez, 24: superficie 32,07 m2 e prezo 234,03 euros

Con actividade empresarial Ademais, e dentro do plan de locais comerciais do CCVV, xa están alugados e en pleno funcionamento 5 locais nas rúa Abeleira Menéndez e Santiago. Na primeira rúa xa abriu A Tenda de Avó (unha tenda de produtos de proximidade, de produtos da terra); unha galería de arte e fotografía rexentada por Javier Teniente así coma A horta no prato (un establecemento de alimentos frescos e exóticos). Mentres, na segunda está o estudo de arquitectura Torrado Fernández e Oruga Express (unha tenda de fotografía).

Tamén están adxudicados outros 2 locais máis e pendentes de abrir. Trátase dun centro de artesanía e produtos de cercanía en Abeleira Menéndez, 24 (adxudicado a Espazo Horta Urbana) e unha editorial enfocada á poesía, narrativa e artes plásticas na rúa Santiago 11-13-15-17 (esquerda), que será rexentada por Mundo Detrás do Marco S.L.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.