Así e a promoción Ferrería 45-47
A promoción Ferrería 45-47 impulsada polo Consorcio Casco Vello de Vigo,e cuxa conclusión está prevista para principios de 2017, para entrar posteriormente na seguinte fase de concurso de VPA, ten como obxectivo a reestruturación destes dous edificios para dar lugar a catro vivendas unifamiliares e un local comercial. Como notas distintivas do proxecto realizado, pola arquitecta Eva María Castro, destacan:
- A integración de ambos edificios que compartirán a entrada e outros elementos comúns para lograr un maior e mellor aproveitamento das superficies e volumes dispoñibles. A entrada e as escaleiras sitúanse na parcela 45, a de maior lonxitude. Manterase a diferenza de nivel existente entre ambas as edificacións, cifrada en 70 centímetros na rasante dos balcóns das respectivas fachadas.
- A dificultade engadida que supón a diferenza de cotas entre as fachadas dianteiras e traseiras – que nalgúns puntos supera os seis metros- o que complica a aireación e iluminación do local comercial e dunha das vivendas da primeira planta. Neste último caso o problema resólvese mediante a profundización do pequeno patio posterior preexistente. No caso do local comercial só é posible a iluminación e aireación a través da fachada á rúa Ferrería.
- A conservación de elementos destacables da edificación primitiva como chemineas, fachadas e carpinterías de madeira. As chemineas nas vivendas do número 47 convértense en elemento central da distribución do salón comedor de cada unha delas. As carpinterías exteriores estarán aliñadas cos rebáixes da pedra da fachada e, xa no interior, se incorporá unha segunda carpinteria que permite alcanzar os necesarios niveis de illamento acústico e térmico.
- No caso da fachada principal do edificío número 45, da que só se conserva a parte baixa e as ménsulas do balcón da primeira planta, manterase o existente e restaurarase a balconada, que se converte no elemento caracterizador desta parte do edificio. O resto resolverase cunha composición máis lixeira ata completar a superficie total . En canto á fachada posterior , aparte da modificación xa sinalada anteriormente en canto ás súas dimensións para
facilitar a iluminación e a aireación, tamén verá alterada as dimensións dos seus ocos orixinais. En conxunto, este elemento exponse como unha fusión da parte conservada do paramento orixinal coa necesaria adición dun novo muro de formigón cunha cor similar ao da pedra existente e cun encofrado de táboa de dimensións similares á da sillería orixinal.
- O aproveitamento baixo cuberta do número 47 está vinculada á vivenda da segúnda planta dese mesmo número e integra unha terraza cara á fachada posterior do edificio.
- A planta baixa alberga un local comercial de 63,60 metros cadrados e varios espazos destinados a servizos das vivendas como lavadoiros e tendales. Tamén se sitúan aquí elementos comúns do edificio como os cuartos de contadores.
Dimensións.
O conxunto de todas as actuacións apuntadas anteriormente realízase sobre unha parcela total, froito da agregación de ambas as leiras e dos patios posteriores , de 212,55 metros cadrados. O total de superficie construída é de 603 metros cadrados, dos que 29,45 son abertos. Pola súa banda, a superficie total construída das vivendas é de 313,60 metros cadrados, distribuidos así:
PRIMEIRO ESQUERDA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 78,40
SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 73,85
COCIÑA‐ SALÓN 33,35
DORMITORIO 1 12,00
DORMITORIO 2 10,00
BAÑO 5,00
LAVADEIRO ‐ TENDAL 3,00
ALMACENAMENTO XERAL 1,00
CORREDOR 1 5,40
CORREDOR 2 4,00
SUPERFICIE ÚTIL ABERTA 4,55
BALCÓN 4,55
PRIMEIRO DEREITA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 58,90
SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 48,10
COCIÑA‐ SALÓN 25,40
DORMITORIO 12,00
BAÑO 5,45
ALMACENAMENTO XERAL 1,00
ACCESO ‐ CORREDOR 4,25
SUPERFICIE ÚTIL ABERTA 5,10
BALCÓN 5,10
SUPERFICIE ÚTIL EN PLANTA BAIXA
SEGUNDO ESQUERDA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 119,65
SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 95,30
COCIÑA‐ SALÓN 37,00
DORMITORIO 1 12,00
DORMITORIO 2 10,15
DORMITORIO 3 17,00
BAÑO 5,00
ASEO 2,20
ALMACENAMENTO XERAL 1,40
CORREDOR 1 4,45
CORREDOR 2 3,40
ESCALEIRA 2,70
SUPERFICIE ÚTIL ABERTA 19,80
BALCÓN 4,55
TERRAZA 15,25
SUPERFICIE ÚTIL EN PLANTA BAIXA 4,55
LAVADEIRO ‐ TENDAL 4,55
SEGUNDO DEREITA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 56,65
SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 51,90
COCIÑA‐ SALÓN 28,65
DORMITORIO 12,50
BAÑO 5,60
ALMACENAMENTO XERAL 1,00
ACCESO ‐ CORREDOR 4,15
SUPERFICIE ÚTIL EN PLANTA BAIXA 4,75
LAVADEIRO ‐ TENDAL 4,75