ASÍ CONTINUABA O ESPLENDOR DO CASCO VELLO ALTO

Corría a primavera do ano 2012 cando a presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, comunicaba a resolución da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), polo que se iniciaba o proceso de adxudicación doutras 18 novas VPA rehabilitadas polo CCVV, pertencentes á terceira fase de promocións postas no mercado.

Os inmobles da mesma concentrábanse en San Sebastián, Ferraría e Hortas, cun total de 18 novas vivendas e 3 locais comerciais. O sorteo celebrouse o 2 de xullo de 2012.

CUARTEIRÓN CASTELO SAN SEBASTIÁN: HORTAS 10-12 (cinco vivendas)

Rematada na primavera de 2012, actúase nas dúas parcelas sitas nun cuarteirón con tratamento conxunto de uso privativo interior das vivendas sobre as que se actúa. Un total de 5 vivendas resultaron desta actuación:

H_10_12-3

1 vivenda de 102,65 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+dous baños+rocho.

1 vivenda de 107,89 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+dous baños+lavadeiro+rocho.

1 vivenda de 66,67 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+lavadeiro+rocho.

1 vivenda de 94,60 m2 con dous dormitorios+salón-comedor+cociña+2 baños+lavadeiro+rocho.

1 vivenda de 69,25 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño+lavadeiro+rocho.

H_10_12-2H_10_12

CUARTEIRÓN CASTELO DE SAN SEBASTIÁN: SAN SEBASTIÁN 8-10-12 (catro vivendas e dous locais comerciais)

A actuación céntrase na unión de tres construcións do século XVIII, encostadas a ambos lados de edificios. Rematada na primavera do 2012, estas son as características das vivendas resultantes da actuación:

SS_8_10_12-3

1 vivenda de 43,49 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho.

1 vivenda de 75,52 m2 con dous dormitorios+salón-comedor+cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho.

1 vivenda de 43,49 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho.

1 vivenda de 73,67 m2 con dous dormitorios+salón-comedor+cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho.

SS_8_10_12-2ss_8_10_12

CUARTEIRÓN FERRARÍA SAN SEBASTIÁN: FERRARÍA 11-13-17. SAN SEBASTIÁN 1-3-5-7 (nove vivendas e un local comercial)

Actuación sobre sete parcelas, mantendo en todas elas o parcelario orixinal e adecuando as distintas vivendas a uso parcelario. O acceso realízase dende unha das parcelas pola rúa San Sebastián e a través dun patio que se abre á rúa Ferraría. Rematouse tamén na primavera de 2012:

F_SS_4

1 vivenda de 81,55 m2 con dous dormitorios+salón-comedor+cociña+baño+aseo+lavadeiro.

1 vivenda de 56,60 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+lavadeiro.

1 vivenda de 59,43 m2 cun dormitorio+salón+comedor-cociña+baño+lavadeiro.

1 vivenda de 81,95 m2 con dous dormitorios+salón-comedor+cociña+baño+aseo+lavadeiro.

1 vivenda de 59,50 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+lavadeiro.

1 vivenda de 104,75 m2 con tres dormitorios+salón+comedor-cociña+dous baños+lavadeiro.

1 vivenda de 89,43 m2 con dous dormitorios+salón-comedor+baño+aseo.

1 vivenda de 61,40 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+lavadeiro.

1 vivenda de 108,90 m2 con tres dormitorios+salón+comedor-cociña+dous baños+lavadeiro.

F_SSF_22_2

Como vedes, esta terceira promoción concentrouse no cuarteirón Ferraría-San Sebastián, con diferentes actuacións nas rúas Hortas, Ferraría e San Sebastián. Foi unha das que máis vivendas puxo á disposición dos vigueses, un total de 18, que viñan a completar a anterior oferta realizada polo Consorcio Casco Vello de Vigo, a través do IGVS.

Este sorteo caracterizouse e diferenciouse das anteriores por ser a primeira na que o CCVV poñía no mercado vivendas de 3 habitacións.

Tan só nos queda por ensinarvos a última fase, sorteada no mes de setembro de 2013, que trouxo como novidade a baixada dos prezos das vivendas -nunha media de 27.000 euros-, decisión adoptada polo organismo para facilitar a chegada de máis familias ao barrio histórico.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.