As dúas últimas promocións do CCVV rexistran a cifra récord de 579 solicitudes para as súas sete vivendas

As sete vivendas promovidas polo Consorcio Casco Vello en Subida ao Castelo 9 (2) e Elduayen 31 (5) sumaron a cifra récord de 579 solicitudes para participar no proceso de adxudicación que proximamente, mediante sorteo ante notario, levará a cabo o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En concreto, os dous tríplex resultantes da rehabilitación de Subida ao Castelo rexistraron un total de 259 solicitudes, das cales o IGVS admitiu como válidas 211 establecendo un prazo de dez días as restantes 48 para que tenten emendar os problemas detectados na súa tramitación. Para as 5 vivendas incluídas na promoción Elduayen 31-Ferrería 10 presentáronse un total de 320 candidaturas, cualificándose como válidas 249 e abrindo o mesmo prazo de corrección de erros ou defectos para as outras 71.

As listaxes provisionais de cada unha das promocións poden ser consultadas a través das seguintes ligazóns.

Subida ao Castelo 9

Elduayen 31

A través das páxinas web do IGVS e do Consorcio Casco Vello, así como das redes sociais, poderase coñecer tanto as listaxes definitivas de admitidos e excluídos a ambos os sorteos como a data de celebración dos mesmos.

Fotos: Alex Fernández Photography

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.