As catro vivendas que o Consorcio está a piques de finalizar atraen a 277 candidatos á súa adxudicación

O Institituo Galego de Vivenda e Solo fixo públicas as listas provisionais de admitidos nos procesos de selección para a adxudicación das vivendas promovidas polo Consorcio Casco Vello en Ribeira de Berbés 39-San Francisco 2 e San Sebastián 20-Hortas 2-4.
Na primeira destas promocións, na que se ofertan dúas vivendas, o número total de admitidos é de 119, sen que fose rexeitada ningunha solicitude. Para as outras dúas vivendas que forman a promoción San Francisco2-Hortas 2-4, o número de solicitudes elévase a 158, dándose a mesma circunstancia de que ningunha das candidaturas presentadas foi rexeitada por motivos administrativos.
Ábrese agora un período de sete días hábiles desde a publicación destas listaxes -efectuada o 29 de agosto- para a posible presentación de reclamacións a cuxa conclusión se iniciará a fase final de adxudicación mediante sorteo das catro vivendas, cuxa data será convenientemente anunciada polo IGVS e publicitada nos medios de comunicación e a páxina web do Consorcio Casco Vello de Vigo.