As catro vivendas da promoción Berbés, 29 adxudicaranse o vindeiro mércores 24 de novembro
Vigo, 19 de novembro do 2021.– O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) levará a cabo o vindeiro mércores, 24 de novembro, a partir das 10.00 horas, o sorteo de adxudicación das 4 vivendas incluídas na promoción Berbés, 29 impulsada polo Consorcio Casco Vello de Vigo. O sorteo, que como todos os vinculados coa adxudicación de Vivendas de Protección Autonómica realizarase ante notario, terá lugar na sede do IGVS en Vigo e, debido á situación sanitaria, non estará aberto ao público aínda que o mesmo poderá ser seguido en STREAMING a través da páxina web do CCVV.
Berbés, 29 é a maior promoción do CCVV na zona do Berbés desde a súa creación en 2005, xa que se realiza sobre varios solares correspondentes a distintos edificios adquiridos polo Consorcio; os mesmos foron agrupados para lograr unha maior racionalidade e habitabilidade na rehabilitación o que deu lugar, de acordo co proxecto do arquitecto Javier Vázquez Fernández, a catro vivendas e un local comercial. As vivendas teñen distintas superficies, desde os 76 ata os 112,50 metros cuadrados e todas elas contarán con dous dormitorios, excepto a menor situada na primeira planta. O edificio, que conta con ascensor e un rocho para cada unha das catro vivendas, ten acceso tanto desde a Praza do Berbés como desde a rúa San Francisco.
Para as tres primeiras vivendas están admitidas un total de 44 candidaturas, en tanto que para a vivenda 4, a cifra elévase ata os 50 admitidos. A relación completa de ambas as listas poden consultarse nas seguintes ligazóns:
Expediente P09-VC-0004/20 vivendas 1,2 y 3 Expediente P09-VC-0004/20 vivenda 4