As canles e as baixantes (VI)

Nos procesos de edificación máis antigos a auga de choiva recollida nos tellados caía directamente á rúa, ben desde os beirados ou ben a través dunhas sinxelas canalizacións cando a orientación dos mesmos era cara ás medianeiras (para evitar a acumulación de humidades que puidesen afectar á consistencia das mesmas). Estas canalizacións terminaban en gárgolas (bocas de pedra perforadas),  normalmente sen ningún tipo de retoque decorativo que, sobresaíndo  da fachada, evitaban o contacto do chorro de auga cos muros da vivenda á conta de dificultar o tránsito nas rúas.  Aínda que as normativas que se empezaron a implantar a partir do século XVIII eliminaron esta incómoda práctica para os viandantes, introducindo o uso de canles e baixantes,  o certo é que aínda é frecuente atopar nos centros urbanos máis antigos de Galicia restos destes primitivos elementos e, certamente, no  Casco Vello de Vigo son fácilmente localizables.

Tres exemplos dos antigos “verteaugas” que se poden atopar no Casco Vello de Vigo.

 

 

Situación actual

Na actualidade as baixantes e canles son obrigatorias e, aínda que poden ser de varios materiais, recoméndase o

En Ferrería 45-47 unha antiga canalización de auga integrouse na decoración da vivenda.

emprego de zinc por razóns de durabilidad e sustentabilidad. As canles son máis efectivas se teñen forma semicilíndrica, evitando copiar as das molduras ou cornixas. Deben estar ben calculadas para recoller a auga dos beirados sen que chegue aos muros e fachadas. As baixantes tamén funcionan mellor se manteñen a forma cilíndrica e deben estar correctamente suxeitas ao muro mediante abrazadeiras do mesmo material para evitar os efectos de corrosión. No seu parte inferior deben estar protexidas dos golpes cun cubrecano de ferro fundido ou aceiro pintado.

 

 

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.