As revocaduras (IV)

A cuarta entrega da serie de artigos que dedicamos aos elementos construtivos que se pretenden conservar ao plantearse a rehabilitación do Casco Vello dedícase ás revocaduras. O “Manual de boas prácticas de rehabilitación”, editado pola Xunta de Galicia, defíneas como recubrementos realizados basicamente con cal (ou cemento), area e auga cunhas proporcións entre estes elementos adecuados para o seu uso. Unha vez secas e carbonatadas -según sinala a citada publicación- a súa función é protexer os muros de pedra para dotalos de maior solidez e resistencia ante as inclemencias meteorolóxicas. As revocaduras tamén son utilizadas como base para a ornamentación e a decoración dos edificios e do interior das vivendas. Algunhas teorías sinalan tamén que tiñan certa función hixiénica, ao ser o cal un elemento desifectante.

berbc3a9s-1919-fotografc3ada-pelayo-mas1

A imaxe do Berbés tradicional estaba marcada pola revocadura dos seus edificios.

 

Os edificios tradicionais caracterizábanse pola utilización das revocaduras de cal que, se estaban ben elaboradas, destacaban pola súa gran duración -hai constancia de que revogues realizados na época romana aínda se conservan en determinados edificios históricos. O emprego do cal fai a estas capas superficiais máis elásticas para adaptarse aos pequenos movementos naturais dos muros, o que lles permite “respirar”  e  -deixando pasar o vapor de auga- facilitan a eliminación da humidade que poidan conter e sanean o  ambiente porque regular a cantidade de vapor de auga no interior das vivendas.

img.5.2

Rehabilitación na rúa Ferrería na que se respectou a revocadura existente.

Pintura

Pódense pintar sempre que se utilicen pinturas transpirables como as de cal ou silicato. Desaconséllase o emprego de pinturas plásticas, precisamente porque eliminan as propiedades do revogue tradicional.   No caso de que non se cubran a cor da revocadura dependerá da clase de area empregada ou dos pigmentos minerais que se poidan engadir. 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter