As Lareiras, calor de fogar (III)

Nesta terceira entrega sobre os elementos a conservar nos plans de rehabilitación do Casco Vello de Vigo profundamos na estrutura e función das Lareiras, un dos elementos máis frecuentes nas vivendas tradicionais galegas e por tanto un elemento especialmente protexido en calquera rehabilitación.

A Lareira era o lugar onde se cociñaba e mantíñase o lume na vivenda. Constitúo así mesmo durante moito tempo o principal -cando non o único- elemento de calefacción e a cociña era por tanto o auténtico centro da vivenda durante boa parte da xornada, especialmente no outono e inverno.

lareira-comprimida

A reutilización das Lareiras pode ter uns sorprendentes resultados na decoración da vivenda.

 

 Era unha construción de pedra, xeralmente pegada ao muro,  adintelada e en moitos casos  situada sobre ménsulas encaixadas no muro.  A lareira e o seu conduto vertical se situa encostada ou semiempotrada no muro medianeiro, e a cheminea prolonga as paredes deste conduto por encima do tellado, adornando o seu remate con ensanches e voos máis ou menos elaborados.

estado-obras-5-10-16

Ferrería 45-47 é un claro exemplo da integración de Lareiras e Chemineas na súa rehabilitación.

 Está composta polo “lar”, ou pedra onde se encencía o lume; a “cambota” , campá para recoller o fume; o conduto do fume e a cheminea que é o elemento que sobresae nos tellados e o máis visible por tanto deste sistema.  Nalgúns casos á lareira encostábase un forno. En relación ás chemineas a súa conservación tamén sería desexable aínda que deben ser obxecto dun estudo máis en profundidade posto que a súa exposición á  intemperie e a posible degradación dos seus compoñentes poden derivar en problemas estruturais.

 

Un sistema sinxelo

O seu funcionamento, a pesar de tratarse dun sistema moi antigo, resulta enxeñoso e sinxelo. Normalmente non necesitaba dunha cuberta na parte superior da cheminea porque no interior do conduto de fume ten unha serie de laxas de pedra dispostas de tal maneira que deixaban pasar o fume facía arriba, pero impedían o paso da auga da choiva que se recollía e desviábase cara a uns aliviadoiros nos laterais.

junio-2016-4-comprimida

As Lareiras son elementos especialmente protexidos en calquera rehabilitación.

 O importante valor etnográfico, a súa importancia estrutural e, por que non, a súa gran capacidade decorativa converten á lareira nun elemento de especial protección á hora de expor a rehabiltación dunha vivenda. Aínda que xa non se utilicen para acender o lume poden ser reutilizadas para albergar outra cociña, facilitar o paso de condutos e novas instalacións  ou simplemente como elemento de decoración.

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter