A Fiestra Enrasada, todo un redescubrimiento

O Consorcio Casco Vello de Vigo ten como obxectivo principal a recuperación para a cidadanía do que ata non hai moito tempo era unha das zonas máis degradadas da principal cidade do Sur de Galicia. Para iso fixáronse uns criterios de actuación que teñen como base a incorporación das novas técnicas construtivas, que dotan do necesario confor e calidade de vida ás vivendas rexeneradas polo CCVV, pero sempre respectando aqueles elementos singulares que caracterizaron e deron personalidade arquitectónica a tantas zonas históricas de Galicia.

Neste sentido, o Plan Especial de Protección e Reforma Interior Casco Vello de Vigo, o documento básico polo que se rexen todas as intervencións neste ámbito, fixa unha serie de elementos que, en función da catalogación do edificio, teñen que ser respectados polo seu valor arquitectónico, cultural ou social.

 Entre estes destacan elementos como as galerías, medianeiras, fachadas, revocaduras, lareiras, tornachoivas, e mesmo baldosas e entremados de madeira.

 Nesta sección de arquitectura da nosa páxina web incluiremos unha serie de artigos nos que tentaremos explicar a función de cada un deles e a razón da súa conservación, serie que iniciamos con xanelas enrasadas.

A Fiestra Enrasada ou Fiestra ao Aire

 

ventana-enresada-2

Exemplo deste elemento arquitectónico no Casco Vello de Vigo.

O “Manual de Boas Prácticas de Rehabilitación” da Xunta de Galicia sinala que este elemento posiblemente sexa o elemento máis intelixente da arquitectura galega, pola súa perfecta adaptación ao medio. Esta sinxela xanela componse de dúas follas movibles de madeira que non teñen marco, suxeitándose as follas directamente á pedra mediante  porlons, unhas sinxelas bisagras que se encaixan na pedra e asegúranse  con chumbo. Habitualmente están dotadas de contraventanas para regular a entrada de luz e contribuír a regular a temperatura interior da vivenda. Esteticamente esta disposición  debe manterse, non só porque corresponde á imaxe dunha fachada tersa de granito, revogo e vidro que é consustancial a moitos centros históricos de Galicia sino porque se orixinou, e aínda é útil, para asegurar a estanqueidad nunha área tan chuviosa.

 Estas fiestras, ao situarse no exterior no mesmo plano da fachada non deixa ningún lugar onde a choiva poida depositarse. O seu imperfecto contacto coa pedra deixa unha sutil ventilación que permite airear continuamente as estancias , evitando as condensacións e a aparición de fungos. A eficacia deste método é tal que os seus principios comezan a incorporarse en normativas europeas. Este sinxelo e primitivo mecanismo foi utilizado nos peches das carpinterías tradicionais de madeira, nas xuntas dos grandes paneis prefabricados e hoxe volve recorrerse a el nas máis modernas carpinterías de aluminio.

 Naqueles casos en que sexa necesario ou desexable un maior illamento acústico ou das inclemencias do tempo recoméndase a instalación doutra xanela interior.

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter