Aprobado o Programa de Actuacións e Investimentos 2017 do CCV
O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou na súa última reunión o Programa de Actuacións e Investimentos (PAIF) para o ano 2017, que marca as principais liñas de actuación deste organismo. En este sentido o documento aprobado recolle actuacións nos edificios números 5, 7 e 41 da praza do Berbés, nos números 8, 10 e 45 da rúa Ferrería, o número 12 de Subida ao Castelo, o número 5 de Subida á Costa, e o número 8 de Cruz Verde. O investimento previsto para todas elas ascende a 2,3 millóns de euros. O programa de actuacións recolle tamén a continuación do plan de eliminación de pintadas en fachadas , unha tarefa que este organismo vén realizando desde hai xa varios anos.
O documento aprobado na reunión presidida por José Luis Díez Yáñez, Xefe da delegación derritorial de la Consellería de Infraestructura e Vivenda da Xunta de Galicia, recolle unha previsíon de ingresos lixeiramente superior aos tres millóns de euros, procedentes dos recursos e ingresos propios do Consorcio, así como das achegas das administracións que a compoñen. A Xunta de Galicia, integrante nun noventa por cento a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, achegará 200.000 euros e o Concello de Vigo, que representa o 10 por cento restante, 20.000.
Coma contemplan os seus Estatutos, o fin esencial do Consorcio é levar a cabo, de acordo coas previsións do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello de Vigo, unha serie de actuacións e intervencións que contribúan ao proceso de recuperación da súa Área de Rehabilitación Integrada (ARI) mediante a adquisición de terreos ou mediante a adquisición de construcións para a súa posterior rehabilitación.