Administracións e institucións públicas, claves tamén no proceso de rehabilitación do Casco Vello

O Consorcio Casco Vello de Vigo leva anos traballando pola revitalización do barrio histórico da cidade. A través da rehabilitación de edificios estase a conseguir unha nova imaxe do Casco Vello, con novas familias habitándoo e con novos establecementos comerciais operando nel. Entre todos estamos a conseguir o obxectivo e fin último do CCVV, darlle ao Casco Vello a imaxe e vida que merece.

Pero, ademais de familias e comerciantes, nese proceso de revitalización as administracións públicas e institucións xogan tamén un papel fundamental. A través de diferentes convenios de colaboración co Consorcio foron varios os organismos que decidiron trasladarse ao casco histórico de Vigo para realizar alí as súas actividades. Entre eles, o Centro Galego de Fotografía, o Servizo Común de Notificacións e Embargos, os Rexistros da Propiedade, a sede APEC e, mais recentemente, a Universidade de Vigo.

SEDE APEC

A Asociación de Empresarios da Construción de Pontevedra tamén decidiu trasladar a súa base ao Casco Vello.

Os empresarios da construción adquiriron o baixo comercial sito no número 16 da rúa Real parainstalar alí a súa sede coa finalidade de contribuír á dinamización e ao proceso de rexurdimento da zona antiga da cidade olívica. A compra formalizouse ante notario en decembro do 2009 e despois de realizar os traballos de rehabilitación no inmoble propiedade do Consorcio e facerse efectiva a venda, o colectivo instalouse definitivamente a principios do 2010.

Casco Vello Vigo

APEC

Casco Vello Vigo

APEC

CENTRO GALEGO DE FOTOGRAFÍA

O Consorcio Casco Vello de Vigo vendeu en decembro de 2009 ao Concello de Vigo un inmoble situado na rúa Eduardo Chao para crear o Centro Galego de Fotografía. O devandito centro albergará a colección Arquivo Pacheco, así como os fondos das diferentes Fotobienais celebradas en Vigo e outras coleccións que se vaian adquirindo.

Os inmobles adquiridos polo Concello de Vigo para a creación deste centro estaban nesa época nun estado completamente ruinoso. Proba disto é esta fotografía, na que podemos ver como estaba o solar na que se proxectou.

Casco Vello Vigo

Solar Centro Galego Fotografía

O Centro Galego de Fotografía contará con salas de exposicións, fototeca, unha sala multiusos, zonas administrativas e almacéns. Reservarase tamén un espazo de 200 metros cadrados para habilitar unha zona dedicada á restauración e documentación dos fondos pictóricos e escultóricos da pinacoteca da cidade.

Durante todo o tempo que se leva traballando na obra conseguiuse un cambio total no estado da edificación, convertendo o solar en estado ruinoso nun edificio moderno, que nada ten que ver co seu predecesor.

Casco Vello Vigo

Centro Galego de fotografía Vigo

REXISTROS DA PROPIEDADE

Outro dos convenios de colaboración que o Consorcio realizou foi co Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España, mediante o que ambas entidades se comprometeron á compravenda dos catro inmobles sitos nos números 29, 31 e 33 da rúa Real, e no número 26 da rúa Alta. Da rehabilitación e intervención nestes catro inmobles sairon os Rexistros da Propiedade de Vigo que pasaron a situarse no seu casco histórico en diciembre do ano pasado.

O traslado deste organismo supuxo unha mellora respecto das instalacións viguesas onde prestaban o servizo os Rexistradores e tamén un paso importante no que á dinamización e revitalización integral do barrio se refire.

Os arquitectos encargados da rehabilitación foron Irisarri&Piñera. Esta era unha das fotografías que nos mostraban da situación das obras a principios do ano:

Casco Vello Vigo

Rexistros da propiedade

E así lucía xa practicamente rematada:

Casco Vello Vigo

Rexistros da propiedade

Casco Vello Vigo

Rexistros da propiedade

Casco Vello Vigo

Rexistros da propiedade

Fotografías cedidas polo estudo de arquitectura Irisarri-Piñera.

SERVIZO COMÚN DE NOTIFICACIÓN E EMBARGOS

Foi a principios do 2013 cando se coñeceu a noticia de que a Xunta trasladaría o Servizo Común de Notificacións e Embargos ao Casco Vello. Situarase nun inmoble entre as rúas San Sebastián, 13 e Abeleira Menéndez, 24.

Aínda que nun primeiro momento o devandito inmoble estaba pensado para albergar o Rexistro Civil, o traspaso das súas competencias aos Rexistradores da Propiedade obrigou á Xunta a reconsiderar a súa formulación e cambiar o uso das instalacións.

Realizouse entón un novo proxecto para o cambio de situación deste servizo, que contará con máis de 700 metros cadrados divididos en tres plantas e un local anexo e contribuirá a paliar a falta de espazo nas sedes xudiciais viguesas.

As obras comezaron a finais do 2013 e nesta imaxe podedes observar o seu estado nese momento:Casco Vello Vigo

Servizo Común Notificacións e Embargos

Pouco a pouco as obras foron collendo ritmo e cor e hai ao redor duns meses que o edificio xa se deixaba entrever:

Casco Vello Vigo

Servizo Común Notificacións e Embargos

Segundo a proxección dos arquitectos, así é como quedaría finalmente, tanto exterior como interiormente:

Casco Vello Vigo

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

Casco Vello Vigo

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

UNIVERSIDADE DE VIGO

A última institución en querer formar parte da familia do barrio histórico é a Universidade de Vigo. Concretamente, instalarase nun dos lugares máis característicos da cidade: O Berbés.

O pasado mes de setembro o Consorcio Casco Vello de Vigo cedeu á Universidade tres edificios do emblemático barrio por un período de 40 anos para que poida instalar alí a súa sede institucional que, ademais, incluirá o seu Centro de Linguas. Os edificios cedidos sitúanse nos números 11, 13 e 15.

A planificación cronolóxica feita pola Universidade contempla que o proxecto estea redactado no verán de 2015, licitar a obra antes de abril de 2016 e executar os traballos entre maio desde ano e setembro de 2017.

Deste modo, a institución recuperaría a presenza no caso urbano vigués e axudará, ao mesmo tempo, a dinamizar a zona do Berbés.

Casco Vello Vigo

Foto de familia cos edificios a rehabilitar detrás.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.