Aclaracións ao prego de condicións
1. LIMITACIÓNS DERIVADAS DO PREGO DE CONDICIÓNS
2. LIMITACIÓNS DERIVADAS DA DIVISIÓN HORIZONTAL DO EDIFICIO NO QUE SE ATOPA O LOCAL:
3. ACLARACIÓN AO CAPÍTULO II, PUNTO 8.1, APARTADO C (representación empresas extranxeiras)
4. ACLARACIÓN AO CAPÍTULO II, PUNTO 8.1, APARTADO D (solvencia técnica e económica)
5. LOTES
6. SOLICITUDE CONXUNTA (inclúe formulario)
7. ERRO NO LOTE 4, ABELEIRA MENÉNDEZ 26
8. MODELO DE AVAL PARA ACREDITAR A SOLVENCIA ECONÓMICA FINANCEIRA (cláusula 8.1.4.a apartado 2 do prego de condicións)
1. LIMITACIÓNS DERIVADAS DO PREGO DE CONDICIÓNS
Non serán admitidas aquelas ofertas nas que se propoñan usos hostaleiros. (Cláusula 8,2 do PCA)
2. LIMITACIÓNS DERIVADAS DA DIVISIÓN HORIZONTAL DO EDIFICIO NO QUE SE ATOPA O LOCAL:
Local 2: ABELEIRA MENENDEZ 16
A actividade exercida no local de planta baixa non poderá desenvolverse a partir das 23 horas. As actividades fora de dito horario deberán ser autorizadas previamente polo propietario da vivenda sinalada coma FINCA 1, previa solicitude que se formulará cunha semana de antelación. Requirirá a mesma autorización a realización de eventos que poidan causar unha molestia especial, pola afluencia de público, xeración de ruídos, etc.
Local 19: SUBIDA A COSTA 5
A actividade exercida no local de planta baixa non poderá desenvolverse a partir das 23 horas. As actividades fora de dito horario deberán ser autorizadas previamente polo propietario da vivenda sinalada coma FINCA 1, previa solicitude que se formulará cunha semana de antelación. Requirirá a mesma autorización a realización de eventos que poidan causar unha molestia especial, pola afluencia de público, xeración de ruídos, etc.
Local 7: CRUZ VERDE 12
A actividade exercida no local de planta baixa non poderá desenvolverse a partir das 23 horas. As actividades fora de dito horario deberán ser autorizadas previamente polo Presidente da Comunidade, previa solicitude que se formulará cunha semana de antelación. Requirirá a mesma autorización a realización de eventos que poidan causar unha molestia especial, pola afluencia de público, xeración de ruídos, etc. O mantemento e limpeza do patio correrá por conta do local comercial xa que ten o seu uso exclusivo. A realización de obras ou calquera tipo de instalación no patio requirirá a autorización previa da CCPP.
Local 11: FERRERÍA 10-12
A actividade exercida no local de planta baixa non poderá desenvolverse a partir das 22 horas. As actividades fora de dito horario deberán ser autorizadas previamente polo presidente comunidade, previa solicitude que se formulará cunha semana de antelación. Requirirá a mesma autorización a realización de eventos que poidan causar unha molestia especial, pola afluencia de público, xeración de ruídos, etc.
3. ACLARACIÓN AO CAPÍTULO II, PUNTO 8.1, APARTADO C
Representación e empresas extranxeiras:No caso de que o sistema informático non permita continuar a tramitación sen adxuntar ditos documentos, poderá anexar documento no que se indique que non procede.
4. ACLARACIÓN AO CAPÍTULO II, PUNTO 8.1, APARTADO D
Documento acreditativo de la solvencia técnica y económica: Axuntarase un único arquivo que conteña un apartado correspondente a documentación acreditativa da solvencia financeira e outro apartado coa solvencia técnica.
5. LOTES
No caso de que o licitador opte a máis dun local deberá achegar a documentación completa (do sobre A e B) para cada un dos lotes aos que opta. No caso de que o licitador presente oferta para máis locais dos que precise a súa actividade (apartado 8.2.B), deberá presentar ademais un documento coa orde de preferencia respecto dos locais aos que opta.
6. SOLICITUDE CONXUNTA
No caso en que dúas ou máis persoas físicas pretendan resultar adxudicatarios do arrendamento dun local conxuntamente sen formalizar unha sociedade ou UTE, deberán de presentar xunto coa solicitude escrito asinado por todos os interesados no que se apodere a un representante que presente ao oferta na plataforma silex, segundo modelo MODELO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES CONXUNTAS.
Neste caso a solvencia financeira e técnica xustificarase conxuntamente.
No hay otras noticias de interés en esta categoría.