Ábrese un prazo de 15 días para inscribirse no sorteo dunha vivenda en San Sebastián 24-26
Vigo, 27 de maio do 2019.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publica hoxe a resolución pola que se inicia o proceso de selección de adxudicatarios para unha vivenda situada na rúa San Sebastían do Casco Vello de Vigo, promovida polo Consorcio Casco Vello de Vigo. Trátase, en concreto, dunha construción unifamiliar situada no número 24-26, da citada rúa, que conta cunha superficie de 53,84 m2, na que se sitúan un dormitorio, un cuarto de baño, un vestidor, un salón-comedor/cociña e un lavadoiro.
Os interesados en participar neste proceso de selección contan desde mañá cun prazo de quince días hábiles para facer chegar ao IGVS o formulario requirido para poder participar no sorteo desta promoción, sendo unha condición imprescindible que se atopen neste momento inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de la Xunta de Galicia.
A vivenda, que corresponde ao Baixo A de esta edificación, está cualificada como protexida de promoción privada en Réxime Concertado e ofértase na modalidade de COMPRA; o prezo fixado na resolución que se publica hoxe é de 89.842 €.