ABELEIRA MENÉNDEZ E CRUZ VERDE, RÚAS CLAVE NO SEGUNDO SORTEO DO IGVS
Un ano despois do primeiro sorteo de Vivendas de Protección Autonómica por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo, o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) poñía en marcha, o 4 de agosto do 2011, unha segunda fase con novas promocións rehabilitadas.
Repetía a rúa Abeleira Menéndez con nove vivendas máis, e uníase Cruz Verde, con outras seis. Por tanto, foron un total de quince Vivendas de Protección Autonómica (VPA) as postas a disposición dos cidadáns que estiveran inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
ABELEIRA MENÉNDEZ 24-26 (cinco vivendas e dous locais comerciais)
Agregáronse dous edificios compartindo un núcleo de escaleiras con acceso desde a rúa Abeleira Menéndez pola planta baixa e desde a rúa San Sebastián polo segundo andar.
Rematouse no ano 2009, cun resultado de seis vivendas e dous locais comerciais:
1 vivenda de 66,62 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
1 vivenda de 58,92 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
1 vivenda de 42,61 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño.
1 vivenda de 58,92 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
1 vivenda de 68,80 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
Local 1: 95,58 m2.
Local 2: 67,08 m2.
ABELEIRA MENÉNDEZ 18-20 (catro vivendas e un local comercial)
Rematado en outubro do 2010, o proxecto responde a unha intervención integral sobre os inmobles sinalados cos números 18 e 20. Agregáronse ambas as dúas parcelas para obter un só edificio.
Estas son as características destes inmobles:
1 vivenda de 47,85 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+dous baños.
1 vivenda de 81,95 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+dous baños+terrazas.
1 vivenda de 83,04 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+dous baños+terrazas.
1 vivenda de 40,19 m2 cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+terrazas.
Contou tamén cun local comercial.
CRUZ VERDE 5 (seis vivendas e dous locais comerciais)
Rematado no 2010, rehabilitouse mantendo a tipoloxía orixinal, dotándoo dun ascensor e adecuando a distribución e instalacións á normativa actual. O resultado foron seis vivendas e dous locais comerciais.
1 vivenda de 54,78 m2 cun dormitorio+salón-comedor+cociña+baño.
1 vivenda de 63,85 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
1 vivenda de 65,56 m2 cun dormitorio+salón-comedor+cociña+baño.
1 vivenda de 64,60 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
1 vivenda de 48,40 m2 cun dormitorio+salón-comedor+cociña+baño.
1 vivenda de 60,90 m2 con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño.
Esta segunda promoción de inmobles sorteados polo IGVS foi especialmente importante para Abeleira Menéndez. 7 vivendas saíran desta rúa o ano anterior, que, xunto coas 9 deste sorteo, supoñen un total de 16 vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo nunha única rúa.
A partir destas actuacións notouse un considerable cambio no barrio, propiciado tamén polos locais comerciais postos en réxime de aluguer e que a día de hoxe contan con novos emprendedores que quixeron traer os seus negocios ao novo Casco Vello. Como exemplos, podemos sinalar A Tenda do Avó, A horta de Abeleira ou Matina, quenes están axudando ao rexurdir do barrio.
A dinamización seguiu o seu curso e nos seguintes anos puxéronse en marcha novos sorteos. Tocaríalle o turno a Ferraría, San Sebastián, Hortas e Canellón do Estreito. Para coñecer máis detalles, animámosvos a que esteades atentos a este blog, no que vos seguiremos informando destas promocións.