A venda de Real 27 permitirá aumentar o orzamento do Consorcio para adquisicións e rehabilitacións

  • O Consello de Administración acordou o inicio do proceso de selección de solicitantes para tres novas vivendas

 

Na actualidade Real 27 conserva tan só a súa fachada.

Vigo, 26 de septembro do 2019.- O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), reunido esta mañá baixo a presidencia de Corina Porro, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, acordou a venda do edificio da súa propiedade situada na rúa Real 27 ao Consorcio da Zona Franca de Vigo. A operación supoñerá uns ingresos para o CCVV de 808.220 euros, que se integrarán nos orzamentos deste organismo e permitirán o investimento en adquisición e rehabilitación de novos inmobles, de acordo cos seus obxectivos fundacionais.

Real 27, que ocupa un solar de 334 metros cadrados segundo a súa referencia catastral, fora adquirido polo Consorcio Casco Vello en setembro de 2007 e, dado o seu mal estado de conservación, procedeuse á súa demolición, permanecendo en pé na actualidade tan só a fachada principal.

En 2016 constituíuse sobre esta propiedade un dereito de superficie a favor da Asociación Down Vigo, que implicaba a rehabilitación do edificio por parte da mesma para dotarse dunha sede social e de locais para diversas actividades. Dada as súas dificultades financeiras Down Vigo presentou a renuncia ao citado dereito de superficie que foi aceptada polos órganos directivos do Consorcio Casco Vello o pasado cinco de setembro, atendendo á solicitude da Zona Franca de Vigo, que alcanzou un acordo de colaboración coa citada asociación para levar adiante a posta en marcha desta dotación.

Admisión solicitantes

Por otra parte o órgano directivo do CCVV  acordou dirixirse o Instituto Galego de Vivenda e Solo para por en marcha os procesos de selección de solicitantes para a venda de tres novas vivendas na zona Alta do casco histórico vigués:  tratanse, en primeiro lugar, das dúas vivendas da súa promoción Cruz Verde 12. Ambas ocupan as catro plantas dun edificio- que conta tamén cunha planta baixa que se destinará a local comercial- adquirido en xullo de 2017 polo CCVV, situado nunha das zonas onde este organismo, integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, realizou un maior esforzo rehabilitador desde a súa creación en 2005.

As plantas 1ª e 2ª do edificio albergarán a Vivenda A, cunha superficie de 65,90 metros cadrados. Estará dotada con dous dormitorios, un salón-comedor-cociña, un baño e un lavadoiro tendal; para a mesma fixouse un prezo de 111.000 euros, aos que hai engadir o ive correspondente. A vivenda B, cunha distribución similar á anterior, sitúase nas plantas superiores do edificio, ten unha superficie de 73,45 m2, e o seu prezo fixouse en 126.000 euros (máis ive).

O proxecto de rehabilitación foi redactado pola arquitecta Beatriz Sierra Sobrino e púxose en marcha en outubro do ano pasado. Supón a terceira das promocións do Consorcio Casco Vello nesta rúa, xa que en 2010 acometeuse a rehabilitación de Cruz Verde 5 e en 2018 a de Cruz Verde 8, o que permitiu crear 6 vivendas e un local comercial aos que agora se unirán os incluídos en Cruz Verde 12.

A otra vivenda para á que se solicita a apertura da fase de selección de solicitantes  está  situada no número 24-26 da rúa San Sebastián. Con este trámite administrativo poñerase ao dispor dos posibles compradores unha construción de 53,84 metros cadrados útiles, situada no baixo desta promoción, situada a moi poucos metros do centro da cidade, nas proximidades do Concello e da Porta do Sol. A súa distribución inclúe un dormitorio, un baño, salón-comedor-cociña e lavadoiro- tendal. Conta tamén cunha pequena terraza. O prezo fixado para esta nova vivenda, que conta coa catalogación de Vivenda de Protección Autonómica para venda en prezo concertado, é de 78,068 € (mais ive).

A ambos procesos de selección, que se iniciarán en breve, poderán presentarse todos aqueles interesados en adquirir unha destas vivendas de Protección Autonómica en réxime de venda en prezo concertado que se atopen inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e que cumpran cos requisitos establecidos pola Administración para poder optar ás mesmas.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.