A ría de Vigo: un tesouro na cidade

A ría de Vigo é un deses tesouros que alberga a cidade. Protexida do océano Atlántico polas illas Cíes, a ría de Vigo ábrese ao norte en Cabo Home e ao sur en Cabo Silleiro. Ademais de pola súa grandeza, tamén é un tesouro en si mesma por todos os que se fundiron nela na batalla de Rande.

A ría de Vigo é a máis meridional e a de maior lonxitude das Rías Baixas. Situada na provincia de Pontevedra, os pobos que se sitúan na súa beira –ademais da cidade de Vigo- son Redondela, Arcade, Moaña e Cangas. Nun pequeno entrante, que ás veces se considera fora da mesma, está Baiona.

Ten a súa entrada entre Cabo Home, ao norte, e Cabo Silleiro, ao sur e conta cunha anchura duns 15 km, sendo a súa lonxitude uns 33 km. Habitualmente, distínguense de oeste a leste tres grandes tramos:

  • Desde Punta Balea ata Punta do Muíño. É o tramo máis aberto ao océano Atlántico, pero atópase protexido polas illas Cíes.
  • Desde Punta do Muíño ata o estreito de Rande. Neste tramo prodúcese unha cousa moi curiosa, e é que a distancia entre as marxes redúcese ata os 70 m.
  • O chamado tramo oriental, que está integrado pola Enseada de San Simón e presidido pola illa de San Simón.

Ademais de paraíso natural, as augas da ría de Vigo tamén son riqueza, xa que, por un lado, nelas flotan as bateas na que se cría o mexillón da ría. Por outro lado, a ría de Vigo é unha das de maior calado de Galicia, o que a converteu nun dos principais portos de España e Europa.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.