A Ponte de Rande
A Ponte de Rande foi proxectada polo inxeñeiro italiano Fabrizio de Miranda, o español Florencio del Pozo e por Alfredo Passaro e foi aberto ao tráfico en 1981. Desde ese momento, pasaron pola ponte máis de 200 millóns de vehículos, e soporta actualmente un tráfico duns 50.000 vehículos diarios. Forma parte da autopista do Atlántico e atópase no kilómetro 148 da mesma.
É unha das pontes máis características de España e, ademais, goza dunha vistas privilexiadas, xa que desde ela se contempla a illa de San Simón e as illas Cíes.
No momento da súa inauguración era a ponte atirantada de maior lonxitude do mundo e a ponte máis longa de España, despois da ponte Sifón Santa Eulalia de Huelva, cunha lonxitude de máis de 2000 m.
Ata o ano 2006 foi un tramo marcado pola peaxe. Sen embargo, a partir de ese ano eliminouse esta taxa, o que fixo que o tráfico que tiña tódolos días aumentara considerablemente.
Foi precisamente este aumento de tráfico o que fixo necesario a proposta de ampliación da ponte, que foi comunicado no ano 2011. Finalmente, neste 2015 comezaron as obras de ampliación, que foron inauguradas pola ministra de Fomento Ana Pastor. A ampliación consiste en incorporar dúas novas calzadas, unha para cada sentido, de 706 metros de largo, ao tronco principal da autopista ao seu paso pola ponte.
Está previsto que as obras terminen en 23 meses e a súa inversión total, que inclúe a mellora dos accesos en Teis e Moaña, supera os 143 millóns.