A nova Ferrería do novo barrio vello
Aínda que nos números 11-13-17-19 xa se actuara, con transformacións en vivendas e locais, e xa empezaban a chegar á rúa novas familias, Ferrería alcanzou o seu esplendor coas rehabilitacións terminadas no primeiro semestre do 2013. Concretamente, os números 25-27-29-31 e 33-35 cos que a rúa era transformada por completo en todo o seu conxunto.
Da rehabilitación dos primeiros, cuxo estado anterior era este,
conseguíronse habilitar seis novas vivendas e catro locais comerciais:
Tres deles están ocupados actualmente pola empresa de coworking Espacio Nido, que chegaban ao Casco Vello o 22 de febreiro deste ano. Desde aquela, convertéronse xa en novos e queridos veciños do barrio histórico que, xunto con outros emprendedores, están a dinamizar a súa zona comercial.
O outro local, sito no número 31, está ocupado por Cal Construcciones y Servicios.
En canto á outra promoción, números 33-35, foron un total de catro vivendas e un local comercial os que se habilitaron.
Este era o seu estado antes da labor rehabilitadora levada a cabo polo Consorcio:
E así loce a día de hoxe:
Tamén nesta promoción contamos con novos emprendedores, xa que proximamente abrirá as súas portas no número 33 unha tenda de roupa punk a baixo prezo.
Como vedes, unha rúa rehabilitada e transformada por completo, con novos cidadáns e persoas que apostan por abrir ou trasladar o seu negocio ao novo barrio vello de Vigo.