A Conselleira Vázquez Mejuto mostra o seu apoio á tarefa de rehabilitación do Consorcio Casco Vello

  • Visitou as dúas promocións en marcha na zona Alta do Casco Vello

  • A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destacou o compromiso de continuidade da actividade do Consorcio ata 2024

Vigo, 26 de noviembre de 2018.-  A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda , Angeles Vázquez Mejuto, destacou esta mañá, no transcurso dunha visita á zona histórica da Vigo, o labor rehabilitadora que leva a cabo o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV). A conselleira, acompañada polo presidente do Consorcio e Delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, coñeceu de primeira man varias das vivendas e locais comerciais recuperados polo CCVV e reiterou o compromiso da Xunta de Galicia con esta tarefa, para a que existe xa unha planificación prevista ata o ano 2024 que persegue a creación de 50 novas vivendas e que supoñerán un investimento de 15,5 millóns de euros.

Vázquez Mejuto referiuse así mesmo ao empuxe que a intervención do CCVV –organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo- tivo sobre outros axentes empresariais e sociais á hora de abordar a recuperación deste outrora degradado barrio e destacou que estes últimos meses foron de boas noticias neste sentido ao concretarse varios novos investimentos, entre eles a recente adquisición dun solar de gran superficie na zona do Berbés no que está prevista a construción de seis novas vivendas e dous locais comerciais.

Nunha rolda de prensa cos medios de comunicación celebrada ás portas dunha das últimas rehabilitacións abordadas polo Consorcio, Ferrería 8, a conselleira destacou así mesmo outra serie de iniciativas do goberno galego para impulsar a actividade do sector da construción en Vigo, como a aprobación da redacción das bases do concurso de urbanización do polígono de San Paio de Navia ou a posta en marcha de varias Áreas de Rehabilitación Integral.

Un aspecto do interior da promoción Ferrería 8.

Ocupación

 Unha boa parte da visita da responsable do departamento de Vivenda da Xunta de Galicia estivo dedicada a coñecer as dúas próximas promocións que o Consorcio Casco Vello de Vigo poñerá proximamente a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa venda como Vivendas de Protección. Os arquitectos responsables de ambos os proxectos –Ferrería 8 e Cruz Verde 8– e o persoal técnico do Consorcio explicaron á conselleira os pormenores destas obras incidindo nos criterios seguidos á hora de expor estas recuperacións, así como nos condicionantes a que ven sometidos pola inclusión das mesmas no ámbito dun Plan de Rehabilitación e Protección Integral (PEPRI). Vázquez Mejuto interesouse especialmente polo perfil dos solicitantes das vivendas promovidas polo CCVV, e celebrou o feito de que a maior parte das máis de 100 vivendas xa recuperadas estean xa vendidas ou alugadas.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.