A comida italiana, tema das dúas conferencias que ladante Vigo organiza esta semana
Os beneficios do oleocanthal e la alimentación dos peregrinos italianos serán os tema abordados
A Sociedade Dante Alighieri Comité de Vigo -cuxa sede se atopa na contorna do Casco Vello de Vigo- desenvolve un amplo programa de actividades para a difusión da cultura e a lingua italiana na nosa cidade. Inmerso neste propósito atópase a organización da “Semana da cociña Italiana no Mundo”, evento que abordará mañá e pasado dúas conferencias sobre aspectos relacionados con esta temática.
En concreto, mañá, xoves 21, ás sete da tarde, no edificio Redeira da Universidade de Vigo, situado na Praza do Berbés, o Dr. Gualillo, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, disertará sobre os beneficios do oleocanthal, unha molécula fenólica extraída do aceite de oliva virxe extra con aplicacións terapeúticas en distintos ámbitos da medicina.
Por outra banda, o venres 22, á mesma hora, pero nesta ocasión na aula multiuso da Biblioteca Juan Compañel, o profesor Benedict Bono, titular de Historia da lingua italiana da Universidade de Santiago de Compostela, abordará o tema da achega italiana ao Camiño de Santiago sobre a que existe unha ampla base documental nos relatos escritos ofrecidos polos numerosos peregrinos italianos que realizaron este itinerario. Destes relatos pódese extraer numerosa información sobre os aspectos máis vitais desta peregrinación, entre os que a alimentación ocupa un lugar destacado.