rehabilitación

As revocaduras (IV)

A cuarta entrega da serie de artigos que dedicamos aos elementos construtivos que se pretenden conservar ao plantearse a rehabilitación do Casco Vello dedícase ás revocaduras. O “Manual de boas prácticas de rehabilitación”, editado pola Xunta de Galicia, defíneas como recubrementos realizados basicamente con cal (ou cemento), area e auga cunhas proporcións entre estes elementos […]

As Lareiras, calor de fogar (III)

Un dos elementos máis distintivos da vivenda tradicional galega son as Lareiras, o que as converte en obxecto de especial protección á hora de plantear calquera actuación de rehabilitación. Nesta terceira entrega sobre os elementos a conservar nos plans de rehabilitación do Casco Vello de Vigo profundamos na súa estrutura e función.

Fachadas e medianeiras

Esta nova entrega sobre os elementos para conservar no momento de exporse a rehabilitación dun edificio nun Casco Antigo analiza a función das fachadas e medianeiras, destacando o seu carácter estrutural e a necesidade de conservalas no seu estado orixinal na medida do posible.

Informe sobre el sector de la rehabilitación de edificios

Si te interesa el mundo de la rehabilitación no debes perderte el informe elaborado por el Grupo de Trabajo sobre Rehabilitación, coordinado por Green Building Council España y por la Fundación Conama, que ha analizado la realidad del sector y plantea las condiciones necesarias para su consolidación definitiva.

A Fiestra Enrasada, todo un redescubrimiento

Comezamos con este artigo sobre as fiestras enrasadas unha serie que pretende dar a coñecer aqueles elementos que contribuíron a singularizar os barrios históricos das cidades galegas, entre os que se atopa obviamente o Casco Vello de Vigo. O obxectivo é explicar a súa orixe, funcionamento e as razóns que fan recomendable a súa conservación.

Así e a promoción Ferrería 45-47

A promoción Ferrería 45-47 impulsada polo Consorcio Casco Vello de Vigo,e cuxa conclusión está prevista para principios de 2017, para entrar posteriormente na seguinte fase de concurso de VPA,  ten como obxectivo a reestruturación destes dous edificios para dar lugar a catro vivendas unifamiliares e un local comercial. Como notas distintivas do proxecto realizado, pola […]

Nove empresas optan á rehablitación de Subida a Costa, 5

Finalizado onte, 15 de setembro do 2016,  o prazo para achegar documentación un total de nove empresas presentáronse ao concurso convocado polo Consorcio Casco Vello para a executar  a  promoción “Subida a Costa 5”. Trátase da rehabilitación do edificio situado nesta dirección do casco vello alto vigués , na popularmente coñecida como “praza do Abanico”, co […]

CONCEDIDA A LICENZA URBANÍSTICA PARA A PROMOCIÓN “SUBIDA A COSTA, 5”

A Concellería de Urbanismo do Concello de Vigo acaba de outorgar licenza de reestruturación para iniciar o proceso de rehabilitación dunha nova vivenda do barrio histórico vigués, en concreto a situada na rúa Subida a Costa, 5. A licenza autoriza ao Consorcio Casco Vello a reestruturación deste edificio para xerar  unha vivenda situada en planta […]

“Ferrería 45-47” , conservar para actualizarse

  Finalizadas as fases de derriba e consolidación de elementos estruturais a respectar, as obras da promoción “Ferrería 45-47” que o Consorcio CascoVello de Vigo realiza nesta emblemática rúa  proseguen a bo ritmo. O obxectivo é finalizar esta actuación, que supón un investimento de 670.000 €, a finais de este mesmo ano. A rehabilitación supón […]

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter