Consorcio Casco Vello de Vigo

Tres novos locais formarán parte do próximo concurso

O Casco Vello de Vigo segue imparable a súa rehabilitación e revitalización. Como recordaredes, a finais de novembro vos detallamos as características das novas vivendas que formarán parte do próximo sorteo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e do que teremos máis novas proximamente.

Queres ser un novo veciño do Casco Vello?

Desde o Consorcio Casco Vello de Vigo pronto poremos en marcha un novo sorteo de vivendas a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Os inmobles corresponden ás obras de rehabilitación da promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 e sairán un total de 10 Vivendas de Protección Autonómica (VPA)

Canellón de Estreito agarda por unha nova familia

Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, Cuarteirón Castelo San Sebastián, Cuarteirón Ferrería-San Sebastián e Ferrería. Estas son as rúas nas que o Consorcio acometeu a súa labor rehabilitadora e das que vos falamos ao longo destas últimas semanas na sección ‘O cambio rúa a rúa’.

A nova Ferrería do novo barrio vello

Aínda que nos números 11-13-17-19 xa se actuara, con transformacións en vivendas e locais, e xa empezaban a chegar á rúa novas familias, Ferrería alcanzou o seu esplendor coas rehabilitacións terminadas no primeiro semestre do 2013. Concretamente, os números 25-27-29-31 e 33-35 cos que a rúa era transformada por completo en todo o seu conxunto.

Juan Cal: “A xente quere revitalizar o Casco Vello dándolle vida e con ganas de facer cousas novas”

Tiveron que pasar seis anos desde a súa primeira rehabilitación no Casco Vello, nun inmoble da rúa Oliva, para emprazar finalmente a súa empresa de reformas e servizos integrais no barrio. Falamos de Juan Ramón Cal, o xerente de Cal Construcciones y Servicios, outro dos emprendedores que apostaron pola emblemática Ferraría

Literatura, arquitectura e fotografía na mesma rúa

Tras falarvos de Abeleira Menéndez, rúa que abriu esta sección, agora tócalle o turno a Santiago, na que tamén se acometeron diversos traballos de rehabilitación, concretamente nos números 19 e 11-13-15-17. Empezaremos polo 19. Unha vivenda e un local comercial foron o resultado dos traballos realizados nel.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter