santiago

Literatura, arquitectura e fotografía na mesma rúa

Tras falarvos de Abeleira Menéndez, rúa que abriu esta sección, agora tócalle o turno a Santiago, na que tamén se acometeron diversos traballos de rehabilitación, concretamente nos números 19 e 11-13-15-17. Empezaremos polo 19. Unha vivenda e un local comercial foron o resultado dos traballos realizados nel.

Oruga Express, fotografías en continua aprendizaxe desde o Casco Vello

“A oruga é o paso previo á crisálide e logo ven a bolboreta”. Baseado nesta frase, Perfecto Rueda elixiu nomear o seu establecemento de fotografía, sito no número 19 da rúa Santiago, Oruga Express. Segundo sinala, é, precisamente, o que lle permite estar “en continua aprendizaxe”.

Torrado&Fernández Arquitecto, no Casco Vello dende hai 13 anos

Juan Carlos Torrado (arquitecto) e Ricardo Méndez (delineante), ou o que é o mesmo, Torrado&Fernández Arquitecto, son vellos coñecidos no barrio histórico onde levan asentados dende 2002, primeiro na rúa Abeleira Menéndez e, agora, nun dos locais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na rúa Santiago, concretamente, no número 15.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter