rehabilitación

Subida a Costa, 5, rehabilitación no corazón do Casco Vello Alto

Nas próximas semanas finalizará a construción  e incluirase nun próximo concurso a promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) situada na rúa Subida a Costa, 5. Os máis de douscentos mil euros de investimento que supuxo este proxecto permitirá rehabilitar un edificio, anteriormente con uso hostaleiro,  para  xerar  unha vivenda situada en planta baixa […]

Ferrería 45-47, premio “Gran de Area de Aportación á Arquitectura”

Unha das dezasete actuacións acometidas polo Consorcio Casco Vello de Vigo na rúa Ferrería, outrora exemplo da degradación alcanzada por esta zona da cidade, acaba de obter o recoñecemento das delegacións dos Colexios de Arquitectos de Vigo, Pontevedra e Ourense pola súa aportación á reinvindicación do papel social da arquitectura.
Ver presentación

O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire o seu sexto inmoble na Ribeira do Berbés

Coa adquisición do inmoble situado no número 7 da Praza do Berbés o CCVV reforza a súa aposta pola recuperación desta zona da cidade de Vigo, na que proximamente se iniciará a construción da nova sede da Universidade de Vigo e a rehabilitación doutras vivendas adquiridas con anterioridade por este mesmo organismo.

Aberto o proceso de adxudicación das obras de Ferrería 8

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou na súa edición de onte  o anuncio  que pon en marcha o proceso de adxudicación das obras da rehabilitación da promoción Ferrería 8, no Casco Vello de Vigo. O anuncio recolle todos os condicionamentos técnicos e  profesionais  que han de cumprir as empresas que opten á execución deste […]

A Conselleira de Vivenda visita as últimas rehabilitacións acometidas polo CCVV

Ethel Vázquez coñeceu xunto ao presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, as principais características das promocións da rúa Ferrería que se atopan  xa en fase de adxudicación 19-05-2017  A Conselleira de Vivenda e Infraestrutura da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, realizou ao longo da mañá de hoxe unha visita ás obras de rehabilitación que o Consorcio […]

Case sesenta ofertas optan ás vivendas que o CCVV promove na rúa Ferrería

 O interese espertado pola nova promoción de vivendas contruidas polo Consorcio Casco Vello na rúa Ferrería non pode ser cualificado doutra maneira que de sobresaliente xa que, segundo informou o Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable do proceso administrativo de adxudicación das mesmas, son 58 as ofertas presentadas para optar a algunha das seis […]

As galerías (V)

As galerías acristaladas, un dos elementos máis distintivos da arquitectura urbana en Galicia, é o quinto elemento analizado na serie de artigos que dedicamos a aqueles recursos que se deben considerar prioritarios á hora de rehabilitar unha vivenda nunha zona histórica como o Casco Vello de Vigo.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter