consorcio casco vello vigo

Literatura, gastronomía e cultura enchen de actividade o Casco Vello.

O segundo fin de semana otoñal -aínda que as temperaturas parezan empeñadas en demostrar que non estamos xa ás portas do mes de outubro- chega cargado de actividades ao Casco Vello de Vigo. Mañá, venres 30 de setembro, a Editorial Elvira dará a coñecer o nome dos gañadores da terceira edición da súa Certame de […]

Máis vida no Casco Vello neste ano que remata

Unha vez máis queremos facer un repaso de todo o que este ano que remata deu de si: novos sorteos, novos veciños, novos emprendedores,… Neste 2015 vivíronse acontecementos moi importantes para a rehabilitación do Casco Vello de Vigo, que estamos a conseguir entre todos.

A Ferrería recupera un obrador de pan artesán da man de Trastrigo

Macarena Cuíñas, Jorge Justo, Francisco Valverdú, Tomás González e Emilio González, os artífices de Trastrigo, apuran estes días os últimos retoques para que o seu obrador de pan comece a dar servizo á cidadanía desde a emblemática rúa Ferrería.

O CCVV inicia un novo proceso de venda de 24 novas vivendas na parte alta do barrio histórico

A presidenta do Consorcio Casco Vello, María José Bravo Bosch, presidiu hoxe un Consello de Administración que serviu para aprobar o comezo das actuacións correspondentes para a selección dos beneficiarios de novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo e que adxudicará o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nos vindeiros meses.  Trátase […]

Lucía Molares entrega as chaves aos primeiros adxudicatarios das 12 vivendas de aluguer do barrio histórico

  Tras a formalización correspondente dos contratos, hoxe celebrouse na Delegación Territorial da Xunta un encontro que serviu para que os  novos inquilinos podan instalarse xa nos seus pisos sitos nas rúas Ferraría-Subida ao Castelo   Tratase das 12 Vivendas de Promoción Pública (VPP) sorteadas polo IGVS o pasado mes de xuño e destinadas a mozos […]

Lucía Molares entrega as chaves doutras catro vivendas, co que xa son 23 as novas familias que residen no barrio antigo

Lucía Molares presidiu hoxe ante notario a formalización das escrituras da venda doutras catro Vivendas de Protección Autonómica (VPA) correspondentes ás promocións das rúas Abeleira Menéndez 18-20 (2º), Abeleira Menéndez 24-26 (2ºA), Santiago 11-13-15-17 (2º C) e Cruz Verde, 5 (3ºA) Os catro pisos entregados esta mañá teñen uns prezos que van dende os 75.578,05 […]

A Xunta axiliza a construción do Rexistro Civil no barrio antigo de Vigo

O Consello de Goberno da Xunta autorizou a modificación dun artigo dos estatutos do Consorcio Casco Vello, aprobada en outubro polo consello de administración O cambio posibilita a construción do Rexistro Civil en terreos da zona vella da cidade de  Vigo, nun soar e un local valorado en 580.000 euros O traslado do Rexistro Civil […]

O CCVV xa está a recuperar 20 inmobles en ruínas do entorno do Castelo de San Sebastián para contar con 34 novas vivendas completamente rehabilitadas ao longo do vindeiro ano

  O investimento supera os 3 millóns de euros e a estas actuacións se sumarán outros novos proxectos nos vindeiros meses.  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, visitou esta mañá as obras iniciadas hai tan so uns días en Ferraría 25-27-29-31, así como as do segundo cuarteirón Castelo-San Sebastián, cuxa […]

A Xunta traslada aos veciños e comerciantes do Casco Vello a súa intención de continuar coa recuperación do barrio histórico a través do CCVV

  A vixencia do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) remata o vindeiro mes de decembro, polo que é necesario renovar o convenio rubricado no seu momento e adaptalo á nova realidade do organismo no que a participación das Administracións consorciadas se refire. A proposta de modificación dos Estatutos do organismo -participado nun 90% polo […]

O CCVV aproba o proxecto para a contratación das obras de rehabilitación doutras dúas vivendas no Canellón do Estreito

O último Comité Executivo celebrado polo organismo deu luz verde á contratación da intervención rehabilitadora no Canellón do Estreito, número 12, por valor de máis de 200.000 euros, logo do baleirado do inmoble que se atopaba nun estado total de ruína e abandono.  A previsión do Consorcio é poder adxudicar as obras antes de que […]

O CCVV adxudica os primeiros locais comerciais rehabilitados a mozos emprendedores para dinamizar o barrio

Tras o concurso público ao que se presentaron 43 ofertas, o Consello de Administración celebrado hoxe aprobou sete proxectos empresariais cos que se dará un importante pulo á actividade comercial no barrio antigo.  Estudos de arquitectos, galerías de fotografía, tendas de produtos frescos e exóticos ou unha consultoría medioambiental son algúns dos novos emprendedores que […]

Os adxudicatarios das 12VPP en aluguer do Casco Vello coñeceron esta mañá a vivenda que lles corresponde

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, presidiu esta mañá o sorteo de asignación que se celebrou no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Tras a aprobación do listado definitivo de adxudicatarios por parte da Comisión Provincial de Vivenda, hoxe os 12 […]

O CCVV aproba por unanimidade a construción do Rexistro Civil no barrio antigo

Lucía Molares informou do visto bo dado polos membros do Consello de Administración para trasladar o Rexistro Civil ao Casco Vello, que será unha realidade a finais de 2013 A modificación do artigo 4.3  dos Estatutos do CCVV permitirá que a Xunta adquira de maneira directa dunha parcela dotacional na rúa San Sebastián, 13, e […]

O CCVV convoca un Consello de Administración para avanzar no proxecto do Rexistro Civil

A reunión ten coma obxectivo dar o visto bo a unha modificación dos Estatutos necesaria para poder construír o Rexistro Civil  O órgano de goberno do Consorcio –do que forman parte representantes do IGVS e dos tres grupos municipais do Concello de Vigo- celebrarase este xoves día 13 de outubro Vigo, 12 de outubro de […]

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter