adquisicions

O CCVV adquire para a súa rehabilitación unha das maiores superficies construíbles na praza do Berbés

O Consorcio Casco Velllo de Vigo acaba de aprobar a adquisición do solar resultante da fusión de varios edificios situados na Praza do Berbés, o que lle permitirá acometer un dos proxectos de rehabilitación máis importantes neste popular enclave vigués. Así mesmo, os seus órganos directivos aprobaron os proxectos para a rehabilitación de dous edificios adquiridos con anterioridade, un na mesma praza do Berbés e o outro en Abeleira Menéndez, unha das rúas onde o labor do CCVV foi máis intensa desde a súa creación.

O Casco Vello de Vigo contará cun albergue de Peregrinos nun edificio cedido polo CCVV

A cesión dun edificio na zona do Berbés para a habilitación a cargo da Axencia Galega de Turismo dun albergue de peregrinos e a compra dunha nova vivenda para a súa rehabilitación na rúa Elduayen son dúas importantes decisións adoptadas esta mañá polos órganos de dirección do Consorcio Casco Vello, reunidos baixo a presidencia de Ignacio López-Chaves, delegado da Xunta de Galicia en Vigo.

O CCVV pecha o ano coa adquisición do edificio situado no número 16 de Abeleira Menéndez

Coa compra do edificio situado en Abeleira Menéndez 16, cualificado como un das construcións tradicionais de maior interese do barrio histórico vigués, o Consorcio Casco Vello pon fin a un ano no que se traballou nun total de seis promociones, puxéronse a disposición dos compradores interesados seis novas vivendas e investido un total de 2.000.000 euros na rehabilitación do centro histórico da nosa cidade.

O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire o seu sexto inmoble na Ribeira do Berbés

Coa adquisición do inmoble situado no número 7 da Praza do Berbés o CCVV reforza a súa aposta pola recuperación desta zona da cidade de Vigo, na que proximamente se iniciará a construción da nova sede da Universidade de Vigo e a rehabilitación doutras vivendas adquiridas con anterioridade por este mesmo organismo.

O Consorcio Casco Vello rehabilitará unha vivenda histórica na Ribeira do Berbés

  Vigo, 07-09-2017.- O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) organismo integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento polo Concello de Vigo, aprobou na súa reunión ordinaria celebrada esta mañá a adquisición dun novo inmoble na zona do Berbés.  Trátase dunha edificación levantada sobre unha […]

Confirmar o teu interese no sorteo: segundo paso para optar a unha vivenda do CCVV

Como vimos informando desde hai unhas semanas o proceso de adxudicación das seis novas vivendas que o Consorcio Casco Vello de Vigo promove na rúa Ferrería está a piques de iniciarse. Se estás interesado nalgunha delas e xa che inscribiches no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia (o prazo aínda está […]

Balance do ano no que arrancó a nosa segunda década de actividade

O balance da actividade do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ao longo de 2016 reflicte unha intensa actividade para cumprir co obxectivo fundacional deste organismo -integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e nun dez por cento polo Concello de Vigo- de […]

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter