Tapas, Mapas e Samaín no Casco Vello

A ponte -polo menos para aqueles afortunados que llo poidan gozar así- de Todos os Santos (agora coñecido como Halloween) preséntase cheo de actividade no Casco Vello de Vigo.  Á súa habitual oferta gastronómica e de lecer engádense ao longo deste longo fin de semana unha serie de actividades  que xustifican a visita ao barrio histórico.

A máis vinculada á época do ano en que nos atopamos é a celebración do Samaín por parte da Asociación Veciñal do Casco Vello o vindeiro luns 31 de outubro. Esta organización preparou un amplo progama de actividades que terán como base unha carpa instalada na praza do Berbés. Na mesma desenvolveranse ao longo da tarde da citada data talleres de maquillaxe, decoración de cabazas e monicreques. A partir das sete comezará un magosto  ao que seguirá unha hora despois o prato forte: o desfile da Santa Compaña polas rúas do Casco Vello, iso si, convenientemente  rebaixada na súa espectral presenza polo acompañamento de grupos de baile, gaitas e pandeiretas.

dscn0807

A Praza da Constitución alberga a exposición “Mapas e Cartas de Vigo e Galicia”

 

 Na mesma liña de celebración do Samaín inscríbese a organización do Curso de Repostería Infantil que levará a cabo mañá sábado o obradoiro Trastrigo nas súas instalacións da Rúa Ferrería, 17, no que os rapaces aprenderán a elaborar galletas e a decoralas con motivos “terroríficos”.

 Por outra banda, e ata o próximo 13 de novembro, 41 establecementos hostaleiros instalados nas rúas da zona vella continúan desenvolvendo a undécima edición do Concurso de Tapas Vigovello. Os interesados en participar na votación para elixir á mellor tapa deste ano terán que acreditar o visitar polo menos seis dos establecementos participantes -o prezo de cada tapa é de dous euros- e depositar nunha urna a súa valoración, o que lles dá dereito así mesmo a participar nunha serie de sorteos de premios ofertados por establecementos do Casco Vello e, mesmo, a gozar dun fin de semana nunha Casa de Turismo Rural.

 Finalmente, desde onte está aberta ao público na Casa Galega dá Cultura, na praza da Constitución, a exposición “Mapas e Cartas de Vigo e de Galicia: Séculos XVII ao XX”. Organizada pola Fundación Penzol está mostra permite gozar dun amplo percorrido pola imaxe cartográfica de Galicia durante tres séculos, á vez que conmemora dous acontecementos: o primeiro centenario da campaña do Urania, o vapor fretado pola Comisión Hidrográfica española que permitiu a elaboración das primeiras cartas científicas das augas do Sur de Galicia; e o 150 aniversario da morte de Domingo Fontán,  o matemático, físico, industrial, político e  cartógrafo galego cuxa constancia e coñecemento permitió a elaboración da “Carta Xeométrica de Galicia”, a primeira cartografía elaborada con carácter realmente científico no noso país, e cuxa impoñente presenza preside a exposición.

Facebook