“Cose que te Cose”, costura no Casco Vello

“Un taller de costura dos de toda a vida” ;así, sen dobleces nin floreos marquetinianos define María, a creadora de “Cose que te Cose” ao que se vai a dedicar  o seu local no número 5 da rúa Ferrería, o último en iniciar a súa actividade dos alugados polo  Consorcio  Casco Vello de Vigo.interior-cosequetecose-comprimido

María, veciña de Moaña, que vén arroupada pola súa experiencia  en empresas do sector téxtil , afánase en dar os últimos toques ao seu negocio, entre  os que non falta unhas elaboradas cortinas para a porta  e o escaparate , á vez que atende aos primeiros clientes.

Con tranquilidade explica a súa afección pola costura – “ten moi boas mans”,  apunta un amigo- e debulla os labores “estores, paneis xaponeses, fundas, tapicerías, arranxos”- que encherán de actividade o seu establecemento.  “Ten o tamaño xusto que estaba a buscar” , sinala, á vez que destaca a parede do fondo onde aínda se conservan a cheminea e outros elementos de pedra do edificio orixinal.  Como estes todo no local está á vista e máquina de coser, ferro, dedales, bobinas, fíos, botóns,  agullas e alfileteros pasan de  meros útiles de traballo a crear unha atmosfera de laboriosidade e gusto polo traballo ben feito.

Cose que te Cose”, unha nova puntada na rexeneración do Casco Vello.

  cose-que-te-cose-comprimido

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter