As seis vivendas de Ferrería 45-47 e Ferrería 10-12 adxudicaranse o 8 de maio

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) fixo hoxe públicos as listaxes das solicitudes admitidas e rexeitadas definitivamente nos procesos de adxudicación das Vivendas de Protección Oficial de Promoción Privada que o Consorcio Casco Vello de Vigo impulsou nos edificios Ferrería 45-47  (expte. P09-VC-0003/15)   e Ferrería 10-12 (expte. P09-VC-0001/15)   (pulsando sobre as ligazóns anteriores podras acceder ao contido da resolución respectiva a cada unha das promocións)

O sorteo na quenda xeral das seis vivendas que inclúen estas dúas promocións se levará a cabo, segundo recóllese na mesma notificación, o vindeiro luns 8 de maio, a partir das 10.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

 

No caso da promoción Ferrería 45-47 o número total de solicitudes admitidas para optar a unha das catro vivendas creadas é de 41, en tanto que o IGVS rexeitou por distintos motivos outras 15. No de Ferrería 10-12, onde se rehabilitaron dúas vivendas, as solicitudes admitidas definitivamente son 19, mentres que se rexeitaron 10.

Estas dúas promocións, que supuxeron un investimento próximo aos 950.000 euros para o CCVV, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo concello de Vigo, súmanse ás realizadas ao longo dos once anos de funcionamento do mesmo na zona alta do Casco Vello de Vigo. Esta tarefa continúa este mesmo ano co recente inicio das obras de dúas novas promocións nas rúas de Subida ao Castelo e Subida á Costa e a aprobación dos proxectos doutras dúas na rúa Cruz Verde e na mesma rúa Ferrería.

Facebook