Setembro enche de actividades o Casco Vello de Vigo

Setembro chegou e con el -a pesar de que o sol e a calor agosteño este ano non parecen ter présa en marcharse- o fin das vacacións .  No Casco Vello nótase tamén a “reentré” e son varios as entidades e establecementos que retoman as súas actividades de animación y dinamización.

dsc_0409

Rúa Abeleira Menéndez, no Casco Vello.

O pistoletazo inicial deuno o pasado día 2 a Galería JTPhotogallery ( Abeleira Menéndez, 13) , cunha “pinchada” musical na súa terraza, que en boa medida serviu para celebrar o éxito da súa exposición “Vigo Sorríe” .

O obradoiro “Trastrigo” (Ferraría, 17)  reinicia a partir do 23 de setembro os seus talleres de elaboración de pan artesán y otros produtos de repostería para os que xa abriu a inscrición; pero previamente, o día 9 de setembro, A Veleira Viños (Abeleira Menéndez, 28) realizará unha nova cata de degustación, nesta caso de adegas da denominación de orixe Toro.

Ese quilómetro cero da alimentación ecolóxica en Vigo na que se está convertendo  a rúa Abeleira Menéndez grazas ao labor de establecementos como “Matina”,  “A Horta de Abeleira” e “A Tenda do Avó” (Abeleira Menéndez , 24,  15 e  11  respectivamente) vese animado pola promoción que realizan dos seus produtos de tempada e polo recoñecemento doutros como a oferta de cafés ecolóxicos.

Pola súa banda a galería “Conde Sueiro” (Cruz Verde, 5), o estudo fotográfico “Oruga Express”  (Santiago, 19)  e a “Editorial Elvira” (Santiago, 15)continúan co seu labor de promoción artística e cultural e xa non falta moito para que a última delas  de a  coñecer o gañador da nova edición do seu certame literario de obras inspiradas no Vigo Histórico.

 

Historias do Mar

Un dos puntos fortes desta oferta de actividades é sen dúbida a organización das Xornadas “Ksal e outras historias do Mar”, a cargo da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo. Arredor dá figura do pintor José Casal Cerqueira articúlanse unha serie de actuacións nas que se relaciona pintura, música, gastronomía e cultura mariñeira, e nas que

casa-arines-comprimido

Casa Arines, sede do Instituto Camoens.

participarán persoas relacionadas co mar e ou vello barrio combinando actuacións cun paseos polas rúas e locáis do Casco Vello de Vigo. Os distintos actos desenvolveranse todos os venres do 9 ao 30 de setembro, ás 20,00 horas no Instituto Camoens “Casa Arines“ (programa).

En definitiva, unha infinidade de boas e variadas razóns para achegarse e gozar do renovado Casco Vello de Vigo.

 

 

Facebook