Queda puoco máis dunha semana para optar a unha das novas seis vivendas na rúa Ferrería

30 de enero de 2017.- Como informamos a semana pasada o CCVV solicitou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o inicio do proceso de adxudicación e venda das súas novas promocións Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47. Nesta ligazón podedes acceder a información de cada unha das seis vivendas que a integran (hainas de 1, 2 e 3 habitacións, con superficies desde os 56 ata os 109 metros cadrados).

EN CALQUERA CASO, para acceder ás mesmas o primeiro requísito é estar inscrito – ou polo menos ter presentada a solicitude para iso-  no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, ANTES de que o IGVS publique oficialmente o  inicio do procedemento  para a adxudicación de Vivendas de Protección Autonómica, categoría á que pertencen estas dúas promocións. Espérase que o IGVS faga este anuncio ao longo da próxima semana polo que se estás interesado en optar a algunha das seis vivendas recomendámosche que cumpras con este trámite de inmediato.

 

Facebook