Os adxudicatarios do quinto sorteo do IGVS, celebrado este luns, coñecen hoxe as 10 VPA rehabilitadas polo Consorcio

arquitecto Javier Franco co dous mozos que forman parte da lista de reserva das 10 VPA

  • O organismo está a levar a cabo, ao longo deste xoves, unha xornada de portas abertas para que tanto adxudicatarios como as persoas que conforman a lista de reserva poidan coñecer os pisos pertencentes á promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7
  • Nos vindeiros días, o Consorcio celebrará con eles outra reunión para asignar cada VPA e, a partir dese momento, os beneficiarios terán 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves
  • O CCVV estará presente na Festa da Reconquista -o sábado 28 e o domingo 29- coa instalación dunha carpa multimedia que facilitará información detallada dos programas de vivendas e baixos comerciais así como da aposta decidida para a achega de administracións e institucións públicas

Vigo, 26 de marzo de 2015.- Os adxudicatarios e as persoas que forman parte da lista de reserva das 10 Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e sorteadas este luns por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), están a coñecer ao longo deste xoves as características dos pisos da promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7.

Persoal do organismo e os arquitectos encargados da rehabilitación dos edificios, Javier Franco e Vicente Pintos, mostraron esta mañá, en horario de 12:00 á 14:00 horas, e seguiran ensinando este serán, de 16:00 á 18:00 horas, o interior das vivendas ademais de responder ás distintas cuestións expostas polos futuros posibles propietarios.

Tras esta xornada de portas abertas e, nos vindeiros días, procederase tamén a celebración doutra reunión cos 10 adxudicatarios das VPA sorteadas para a correspondente asignación e elección da súa vivenda. A partir dese momento, os beneficiarios terán 45 días para poder formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves dos seus pisos.

En canto aos catro edificios recuperados no cuarteirón Castelo de San Sebastián dos que saíron estas 10 VPA, trátase dun lugar aberto dotado con 11 mobles modulares que permitirán aos seus futuros propietarios organizar o interior ao seu gusto, separando os espazos en funcións das súas necesidades. Na súa intervención, o CCVV investiu máis de 1,2 millóns de euros.

Todas as vivendas son dun dormitorio e contan con superficies que van dende os 46,26 m2 aos 68,20 m2. O prezo da vivenda máis barata é de 67.068,00 euros mentres que a máis cara é de 109.120,00 euros. 

Os pisos adxudicados este luns, 23 de marzo, durante a celebración dun sorteo público na Delegación Territorial da Xunta, contan coas seguintes características: 

Planta baixa (SC5): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 46,24 m2. Prezo: 67.048,00€

Planta baixa (SC7): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 46,24 m2. Prezo: 67.048,00€

Primeiro (1SC5): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 67,66 m2. Prezo: 98.107,00€

Primeiro (1SC7): 1 dormitorio + baño + salón comedor + cocina. Superficie: 67,66 m2. Prezo: 98.107,00€

Primeiro (1SS4): salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 59,16 m2. Prezo: 85.782,00€

Primeiro (1SS6): salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 56,13 m2. Prezo: 81.388,50€

Segundo (2SC5) ÁTICO: 1 dormitorio + salón comedor +cocina + baño. Superficie: 68,20 m2. Prezo: 109.120,00€

Segundo (2SC7) ÁTICO: 1 dormitorio + salón comedor +cocina + baño. Superficie: 67,70 m2. Prezo: 108.320,00€

Segundo (2SS4) ÁTICO: salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 59,16 m2. Prezo: 94.656,00€

Segundo (2SS6) ÁTICO: salón comedor dormitorio (mesmo espazo) + cocina + baño. Superficie: 56,13 m2. Prezo: 89.808,00€

arquitecto Javier Franco cun adxudicatario das 10 VPAPresenza do CCVV na Festa da Reconquista

Por outra banda e con motivo da celebración este fin de semana da Festa da Reconquista, o organismo –participado nun 90% pola Xunta en un 10% do Concello- instalará no Casco Vello un punto informativo para que a cidadanía coñeza de primeira man a súa labor dende a súa creación no ano 2005.

Hai dous anos, o Consorcio xa estivo presente na Reconquista ofrecendo información puntual da oferta de vivendas de protección e dos locais comerciais pero, nesta edición, a presenza do CCVV será aínda maior coa instalación dunha carpa na Porta do Sol durante o sábado, 28 e o domingo, 29.

A carpa instalada terá 3×3 metros e estará caracterizada coma un posto máis de época. Contará tamén con información multimedia e paneis fotográficos ademais de ofrecer información persoal das actividades levadas a cabo polo Consorcio e folletos informativos baixo o lema: ‘Á Reconquista do Casco Vello’.

Balance actual de actividade O CCVV adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 91 vivendas (74 para venda, 12 para aluguer e cinco para realoxos) e 23 locais comerciais (15 xa teñen actividade empresarial, dous abrirán proximamente, outros catro sairán a concurso e os outros dous son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos). 

Dez inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos tres edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os catro inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan. 

Así mesmo, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros catro edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras seis vivendas de protección autonómica (VPA) e dous locais comerciais.

Facebook