O IGVS inicia o procedemento de adxudicación das seis vivendas de Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47

O Instituto Galego de Vivenda e Solo acaba de publicar senllas resolucións nas que se anuncian as aperturas dos procedementos de selección de adxudicatarios das Vivendas de Promoción Privada Autónomica impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo en Ferrería 10-12 (expte. P09-VC-0001/15)  e Ferrería 45-47 (expte. P09-VC-0003/15). Pulsando sobre as dúas ligazóns anteriores poderás acceder ao contido de ambas as resolucións que inclúen o modelo de formulario necesario para formalizar a inscrición nestos procedementos.

 Se estás interesado nalgunha das seis vivendas que suman ambas as promocións e déchesche de alta no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia con anterioridade a esta publicación, ten en conta que tes un prazo de “quince días hábiles contados desde o seguinte ao da derradeira publicación desta resolución de inicio” para solicitar a túa inclusión no procedemento de adxudicación.

Para iso deberas presentar a solicitude segundo o modelo de formulario que se inclúe como anexo nas propias resolucións (a publicación aclara que non se admitirán solicitudes que non se axusten a estes modelos). Esta solicitude pódese presentar nos puntos de rexistro admitidos pola lei. En Vigo podes facelo, por exemplo,  no edificio administrativo da Xunta de Galicia na zona das Avenidas, pero en calquera caso achegamos as direccións e medios de contacto das delegacións e a sede central do IGVS onde tamén poderás entregala e consultar calquera dúbida que che poida xurdir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A CORUÑA

Área Provincial do IGVS

Praza de Luis Seoane, s/n

15008 A Coruña

Teléfono de información 981 184 801

LUGO

Área Provincial do IGVS

Avda. Ramón Ferreiro 28

27002 Lugo

Teléfono de información 982 294 602

 

OURENSE

Área Provincial do IGVS

Rúa Sáenz Díez, 1

32003 Ourense

Teléfono de información 988 386 271

PONTEVEDRA

Área Provincial do IGVS

Rúa Alcalde Hevia 7

36071 Pontevedra

Teléfono de Información 986 805 610

 

SERVICIOS CENTRAIS

Área Central, s/n Polígono de Fontiñas

15781 Santiago de Compostela

981 541 982

 

Facebook