O Consorcio aluga un novo local que se dedicará ao comercio de produtos alimenticos

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves, asinou o pasado martes o contrato de aluguer dun local situado na rúa Ferrería 5.

O local destinarase ao comercio por maior e detalle de produtos alimenticios, e servirá tamén como punto físico de distribución de mercadorías. O establecemento, situado xunto a outro de características similares xa alugado polo Consorcio o pasado ano, ten unha superficie de 17,87 metros cadrados, e foi alugado a un residente no barrio históricos vigués, precisamente nunha das vivendas rehabilitadas por este mesmo organismo.

O novo establecemento está situado no número 5 da rúa Ferrería

O CCVV promoveu desde a súa creación a recuperación de locais que permitan desenvolver actividades comerciais no interior desta zona, como medio efectivo de creación  das necesarias “redes de vinculación” entre os habitantes da mesma. Na actualidade son case unha vintena os locais rehabilitado por este organismo con actividade empresarial xa en marcha, e a oferta ampliarase próximamente coa conclusión dos edificios situados en Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47, que contan cada un deles cun baixo comercial.

Facebook