O Consorcio adxudica as obras de rehabilitación de Ferrería 45-47 das que sairán 4 novas vivendas e un local comercial

Ignacio López-Cháves rprensa CCVV Comité Executivo e Consello Administración

  • O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, informou que foi un dos asuntos aprobados no Comité Executivo e no Consello de Administración celebrados hoxe polo organismo
  • O prazo de execución da obra desta nova promoción é de un ano e o presuposto de adxudicación ascende a 590.428,64 euros (IVE incluído). A empresa que rehabilitará o inmoble será a UTE Prace, Servizos e Obras S. A./Extraco, Construcións e Proxectos S.A.
  • O organismo tamén adxudicou tres novos locais comerciais á unha consultoría de enxeñería (San Sebastián, 4), á un estudo de arquitectura (San Sebastián, 6) e para unha galería artísticas (Cruz Verde, 5)
  • Ademais aprobouse a constitución dun dereito de superficie no inmoble de Real, 27, a favor da Asociación Síndrome de Down

Vigo, 12 de novembro de 2015- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Cháves, informou hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados no Comité Executivo e no Consello de Administración celebrado esta mañá.

Tras o primeiro órgano de goberno, o presidente informou que o organismo adxudicou as obras de rehabilitación de Ferrería 45-47 das que sairán 4 novas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e un local comercial. Adxudicouse á empresa UTE Prace, Servizos e Obras S.A./Extraco, Construcións e Proxectos S.A.. O seu orzamento de adxudicación ascende á 590.428,64 euros (IVE incluído) e o prazo de execución é dun ano dende a firma do contrato.

En canto ao Consello de Administración, serviu para adxudicar tamén outros 3 locais comerciais  a novos emprendedores. Nos vindeiros meses comezarán a súa actividade no barrio histórico unha consultoría de enxeñería (San Sebastián, 4), un estudo de arquitectura (San Sebastián, 6) e unha galería artística para exposicións (Cruz Verde, 5).

Real, 27, cesión inmoble para Down Vigo O Consello de Administración tamén deu luz verde á constitución dun dereito de superficie a favor da Asociación Síndrome de Down no inmoble de Real, 27.

Tratase dunha cesión do edificio propiedade do organismo a título gratuíto por 40 anos e que permitirá ao CCVV, sen a perda de propiedade, rehabilitar o inmoble mentres que o colectivo tería que construír o edificio axustado ás determinacións do Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello (Pepri).

Facebook