Descobre a promoción Ferrería 45-47 que formará parte moi pronto dun novo sorteo de VPA

Como vimos comentando en varias das nosas últimas entradas o próximo mes de marzo está prevista a conclusión de dúas novas promocións do Consorcio Casco Vello Vigo, situadas ambas as na rúa Ferrería, na zona alta da parte histórica de Vigo. Os dous inmobles integraranse -se se cumpren as previsións-  nun próximo sorteo dentro do plan de promoción de Vivendas de Protección Autónomica que , a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), leva a cabo a Xunta de Galicia.

Desde as súas respectivas páxinas web e  as redes sociais tanto o Consorcio -organismo rehabilitador integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento polo Concello de Vigo– como o IGVS ofrece información sobre os requisitos e os prazos a cumprir para optar a algunha das vivendas que en rexíme concertado integraranse no citado sorteo. Hai uns días “colgabamos” as características da promoción Ferrería 10-12 e nas seguintes liñas facémolo con Ferrería 45-47.

 Maior tamaño

 Unha das características distintivas desta promoción é, sen dúbida, o maior tamaño de dous dos pisos que a forman, unha petición recorrente dos demandantes de vivenda no Casco Vello de Vigo e que, na medida que o permitan as características dos inmobles que se vaian rehabilitando, orientará as próximas actuacións do CCVV.

As características principais delas catro vivendas resultantes da actuación sobre estes dous inmobles na rúa Ferrería son as seguintes:

 

PRIMEIRO ESQUERDA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 78,40

SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 73,85

Plano da planta primeira.

 

COCIÑA‐ SALÓN 33,35

DORMITORIO 1 12,00

DORMITORIO 2 10,00

BAÑO 5,00

LAVADEIRO ‐ TENDAL 3,00

ALMACENAMENTO XERAL 1,00

CORREDOR 1 5,40

CORREDOR 2 4,00

SUPERFICIE ÚTIL ABERTA 4,55

BALCÓN 4,55

 

PRIMEIRO DEREITA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 58,90

SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 48,10

COCIÑA‐ SALÓN 25,40

DORMITORIO 12,00

BAÑO 5,45

ALMACENAMENTO XERAL 1,00

ACCESO ‐ CORREDOR 4,25

SUPERFICIE ÚTIL ABERTA 5,10

BALCÓN 5,10

SUPERFICIE ÚTIL EN PLANTA BAIXA

 

  

SEGUNDO ESQUERDA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 119,65

Plano da planta segunda.

 

SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 95,30

COCIÑA‐ SALÓN 37,00

DORMITORIO 1 12,00

DORMITORIO 2 10,15

DORMITORIO 3 17,00

BAÑO 5,00

ASEO 2,20

ALMACENAMENTO XERAL 1,40

CORREDOR 1 4,45 

CORREDOR 2 3,40

ESCALEIRA 2,70

SUPERFICIE ÚTIL ABERTA 19,80

BALCÓN 4,55

TERRAZA 15,25

SUPERFICIE ÚTIL EN PLANTA BAIXA 4,55

LAVADEIRO ‐ TENDAL 4,55

 

SEGUNDO DEREITA ‐ SUPERFICIE ÚTIL 56,65 

Distribución baixo cuberta.

SUPERFICIE ÚTIL CERRADA 51,90 

COCIÑA‐ SALÓN 28,65

DORMITORIO 12,50

BAÑO 5,60

ALMACENAMENTO XERAL 1,00

ACCESO ‐ CORREDOR 4,15

SUPERFICIE ÚTIL EN PLANTA BAIXA 4,75

LAVADEIRO ‐ TENDAL 4,75

 

 
Asimismo, a través desta ligazón, podéis acceder a un artigo previo no que se explican algunhas das características da edificación,

Facebook