Noticias

Comeza o proceso de admisión de adxudicatarios para as promocións Subida á Costa 5 e Subida ao Castelo 12

  • O prazo para cumprir este trámite é de quince días hábiles

 

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publica hoxe (18-12-2017) senllas resolucións nas que se anuncian as aperturas dos procedementos de selección de adxudicatarios das Vivendas de Promoción Privada Autónomica impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo nas rúas Subida á Costa 5  (Exp. P09-VC-0001/16 , 1 vivenda)  e Subida ao Castelo 12 (Exp. P09-VC-0002/15, 4 vivendas)  Pulsando sobre as dúas ligazóns anteriores poderás acceder ao contido de ambas as resolucións.

 Se estás interesado nalgunha das cinco vivendas que suman ambas as promocións e déchesche de alta no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia con anterioridade a esta publicación, ten en conta que tes un prazo de “quince días hábiles contados desde o seguinte ao da derradeira publicación desta resolución de inicio” para solicitar a túa inclusión no procedemento de adxudicación.

Subida ao Castelo 12

Subida á Costa 5

Para iso deberas presentar a solicitude segundo o MODELO DE FORMULARIO  que se inclúe como anexo nas propias resolucións (a publicación aclara que non se admitirán solicitudes que non se axusten a estes modelos). Esta solicitude pódese presentar nos puntos de rexistro admitidos pola lei. En Vigo podes facelo, por exemplo,  no edificio administrativo da Xunta de Galicia na zona das Avenidas, pero en calquera caso achegamos as direccións e medios de contacto das delegacións e a sede central do IGVS onde tamén poderás entregala e consultar calquera dúbida que poida xurdir. 

Podes coñecer algunhas características das vivendas que agora saen a concurso pulsando na seguinte ligazón. 

 

 

A CORUÑA  Área Provincial do IGVS

Praza de Luis Seoane, s/n

15008 A Coruña

Teléfono de información 981 184 801

     LUGO      Área Provincial do IGVS

      Avda. Ramón Ferreiro 28

      27002 Lugo

      Teléfono de información 

         982 294 602

 

OURENSE    Área Provincial do IGVS

Rúa Sáenz Díez, 1

32003 Ourense

Teléfono de información 988 386 271

      PONTEVEDRA     Área Provincial do IGVS

      Rúa Alcalde Hevia 7

     36071 Pontevedra

     Teléfono de Información  986 805 610

 

SERVICIOS CENTRAIS  Área Central, s/n Polígono de Fontiñas

15781 Santiago de Compostela

981 541 982

Facebook