As cinco novas vivendas promovidas polo CCVV sortearanse o próximo 6 de marzo

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) fixo hoxe públicos as listaxes das solicitudes admitidas definitivamente nos procesos de adxudicación das Vivendas de Protección Oficial de Promoción Privada que o Consorcio Casco Vello de Vigo impulsou nos edificios Subida á Costa 5 y Subida ao Castelo 12  (pulsando sobre as ligazóns anteriores podras acceder ao contido da resolución respectiva a cada unha das promocións). O total de solicitudes definitivamente admitidas para optar á vivenda situada en Subida á Costa 5 é de 48, en tanto que para as catro creadas en Subida ao Castelo 12 é de 47. 

Imaxe do interior dunha das vivendas construídas en Subida ao Castelo 12. Á esquerda aspecto de Subida á Costa 5 tras a súa rehabilitación.

O sorteo ante notario na quenda xeral das 5 vivendas que inclúen estas dúas promocións se levará a cabo, segundo recóllese na mesma notificación, o vindeiro 6 de marzo, a partir das 10.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, na rúa Concepción Arenal 8.

Investimento

 As dúas novas promocións do CCVV que entran agora na fase final de adxudicación supuxeron a este organismo un investimento superior aos 500.000 euros que permitirá continuar coa recuperación da zona alta do barrio histórico vigués. As catro vivendas que se crearon en Subida ao Castelo 12 teñen superficies comprendidas entre os  55 e os 76 metros cadrados útiles. Distribuídas en dúas plantas, todas elas teñen acceso directo desde a rúa e dúas delas contan cun pequeno xardín posterior, en tanto que as outras teñen balcóns abertos cara á rúa que dá nome á promoción. Os prezos dos domicilios agora ofertados oscilan entre os 95.000 e os 125.000 euros.

En Subida á Costa 5 o Consorcio Casco Vello creou unha vivenda unifamiliar, situada na primeira planta, e un baixo comercial, rehabilitando un edificio anteriormente dedicado a usos hostaleiros; situada moi preto do centro de notificacións da Consellería de Xustiza e do Concello de Vigo, a vivenda ten unha superficie de 69 metros cadrados, conta con dous dormitorios e o prezo fixado é de 114.000 euros.

 

Facebook