Adxudicadas as obras de “Subida ao Castelo, 12”

A adxudicación da obra de rehabilitación do edificio situado na rúa “Subida ao Castelo, 12” e do contrato do tratamento para a erradicación de termitas foron os acordos adoptados no Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na súa reunión de onte, 18 de outubro.

A Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Xestión Ambiental de Contratas e Construcións Orega foi a adxudicataria da promoción “Subida a Castelo, 12” na zona alta do Casco Vello vigués. Esta actuación dará lugar a catro novas vivendas individuais, dous delas con categoría de dúplex, con superficies que varían entre os 76,85 e os 52,25 metros cadrados. As obras, que terán un prazo de execución de 12 meses, poderían iniciarse xa o próximo mes de novembro. subida-a-castelo-12-planta-alta

A leira sobre a que se actuará ten unha superficie de 161 m2 , xa que á súa área orixinal agregáronselle 44 procedentes doutra na contigua rúa Ferrería, tamén adquirida polo Consorcio Casco Vello.

En canto ao plan integral de erradicación de termitas a empresa seleccionada foi Agronerga, que levará a cabo a súa actuación ao longo dun prazo de catro anos co dobre obxectivo de eliminar as poboacións de insectos existentes e evitar a súa posible propagación. Esta actuación, realizada en colaboración cos propietarios afectados, responde o interese do CCVV na mellora constante da habitabilidade da zona. Os traballos comezarán o próximo mes de decembro, cun orzamento de 400.000 euros.

Facebook