A promoción “Ferrería 10-12” comeza a adquirir forma

SOLADO FERRERIA

Tras unha complicada primeira fase de demolición e consolidación de elementos  aproveitables,  a nova promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo na rúa Ferrería 10-12 comeza a adquirir xa “velocidade de cruceiro” na súa construción.

O proxecto, realizado polos arquitectos Antonio Cominges Carballo e Harald Binkele,  dará lugar a un único edificio que albergará dúas vivendas e un local comercial. As vivendas terán un dormitorio e contarán cada un delas cunha superficie de 57 m2 , cun patio exterior que permitirá a entrada de luz natural. O baixo comercial terá  unha superficie aproximada de 38 m2 .

Esta actuación, que se suma ao amplo catálogo de rehabilitacións realizadas na zona alta do  Casco Vello vigués,  está a ser  levada a cabo pola empresa  “UTE Rehabilitación 10-12”, adxudicataria do  contrato subscrito o pasado mes de marzo. O orzamento aproximado  é  de 270.000 euros e o prazo de execución das obras de doce meses.

Facebook