Novas

A xerencia de urbanismo concede a licenza para construír a sede da Universidade de Vigo no Berbés

Vigo, 30-10-2017.-  A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo acaba de conceder a licenza de obra que permitirá iniciar a rehabilitación dos edificios situados nos números 11, 13 e 15 da Praza do Berbés de Vigo para a creación da sede urbana da Universidade  de Vigo. Os tres inmobles foron cedidos polo Consorcio Casco […]

Ferrería 45-47, premio “Gran de Area de Aportación á Arquitectura”

Unha das dezasete actuacións acometidas polo Consorcio Casco Vello de Vigo na rúa Ferrería, outrora exemplo da degradación alcanzada por esta zona da cidade, acaba de obter o recoñecemento das delegacións dos Colexios de Arquitectos de Vigo, Pontevedra e Ourense pola súa aportación á reinvindicación do papel social da arquitectura.
Ver presentación

O Consorcio Casco Vello rehabilitará unha vivenda histórica na Ribeira do Berbés

  Vigo, 07-09-2017.- O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) organismo integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento polo Concello de Vigo, aprobou na súa reunión ordinaria celebrada esta mañá a adquisición dun novo inmoble na zona do Berbés.  Trátase dunha edificación levantada sobre unha […]

Vinte empresas optan a executar a sede da Universidade de Vigo no Casco Vello

  Unha das actuacións que máis vai contribuír a transformar a imaxe dunha parte tan importante do Casco Vello como a praza do Berbés comeza a ver despexado o seu camiño coa resolución de varios problemas administrativos xurdidos ao longo da súa tramitación: referímonos á construción nesta emblemática zona da sede representativa da Universidade de […]

Aberto o proceso de adxudicación das obras de Ferrería 8

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou na súa edición de onte  o anuncio  que pon en marcha o proceso de adxudicación das obras da rehabilitación da promoción Ferrería 8, no Casco Vello de Vigo. O anuncio recolle todos os condicionamentos técnicos e  profesionais  que han de cumprir as empresas que opten á execución deste […]

Visita ás obras de Ferrería 45-47 dos adxudicatarios da promoción

Adxudicatarios e “reservistas” das catro vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo en Ferrería 45-47 realizaron esta mañá unha visita ás mesmas na que tiveron ocasión de coñecer directamente as características principais desta promoción. Acompañados por persoal técnico do Consorcio e da arquitecta responsable do proxecto, Eva María Castro, os interesados na compra dalgunha destas […]

A Conselleira de Vivenda visita as últimas rehabilitacións acometidas polo CCVV

Ethel Vázquez coñeceu xunto ao presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, as principais características das promocións da rúa Ferrería que se atopan  xa en fase de adxudicación 19-05-2017  A Conselleira de Vivenda e Infraestrutura da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, realizou ao longo da mañá de hoxe unha visita ás obras de rehabilitación que o Consorcio […]

Facebook